Skip to Content

Mobilidad Alumnado

Mobilidad Alumnado

APRENDENDO ITALIANO NO IES DE FOZ

Os alumnos que foron seleccionados cunha beca Erasmus+ para realizar unha mobilidade de prácticas como recién titulados realizan un curso de italiano para mellorar a súa competencia lingüística e poder afrontar a súa formación en centros de traballo dun xeito máis doado.

Este curso está impartido por Montse García, profesora de galego no IES de Foz e tamén titulada en Lingua Italiana.

Esta formación complétase coa plataforma "OLS" que ofrece o propio programa Erasmus+.

REUNIÓN ALUMNOS INTERESADOS NO ERASMUS

27/06/2017 12:00

 O vindeiro martes, 27 de xuño, ás 12:00 na aula B102 do Edificio B do IES de Foz está programada unha charla informativa para dar a coñecer o proxecto Erasmus + “Ampliando fronteiras” aos alumnos do centro.

 

Este proxecto de mobilidade de alumnos consiste na realización dun periodo de prácticas de 28 días na rexión de Basilicata e está destinado a alumnos titulados no último ano. Nesta charla darase a coñecer o presuposto do que se dispón, as características do proxecto e as obrigas do alumno.

 

 

Para máis información ou no caso de non poder asistir, podese contactar coa coordinadora do proxecto, Leticia Maseda, no teléfono do instituto:982 870287

Distribuir contido


by Dr. Radut