Skip to Content

Blogue de Secretaría

Menú escolar marzo 2024

Tarxeta xente nova

Menú escolar febreiro 2024

BARISTAS 2024

Reunión intercambio Shakopee

Premio saboroso para os gañadores do concurso de Halloween

As clases gañadoras do concurso de decoración de portas de Halloween gozaron do seu merecido premio: un almorzo elaborado polo alumnado de COGA e COGA adultos.

Tamén foron outros alumnos e alumnas os que serviron aos vencedores, neste caso os de 2º de FB Básica, que os atenderon cunhas delicias doces con moi boa pinta.

Noraboa ao alumnado de 2º de ESO e grazas a todos e todas pola colaboración!

            

           

           

           

            

            

           

           

Como soan as emocións?

A música emociona. Pode provocarnos diferentes sensacións. E as emocións tamén poden soar. Iso nos demostra o alumnado de 4º de ESO coa exposición na que poderemos escoitar diferentes cancións que provoquen en nós sentimentos variados.

Simplemente apuntando ben cara ao código QR xa poderemos sentir ira, medo, mágoa, ledicia ou amor. Probádeo na entrada do edificio A do instituto!

   

                                          

Un enterramento romano na biblioteca

               

Se pasades pola biblioteca, veredes un enterramento romano. Unha muller enterrada no instituto? Non, é unha estela funeraria romana que nos vén a amosar cales eran os rituais na etapa clásica.

Os romanos crían que os mortos debían ser soterrados coas cerimonias axeitadas para que os seus espíritos estivesen en paz. Desa maneira, quedaban encomendados aos manes, espíritos benignos.

No caso contrario, os defuntos non descansaban e acosaban aos vivos. Adoptaban entón o aspecto de espíritos malignos, chamados lemures ou larvae. Velaquí tedes a estela romana e o significado do que se escibe nela.

                                            

Quen dixo medo?

A mitoloxía galega está chea de seres que moran pola xeografía de Galicia. Aínda que a Santa Campaña sexa a lenda máis coñecida relacionada co mundo dos mortos, outros persoeiros poboan a nosa tradición oral. Brancaflor, filla pequena do demo, as lavandeiras, nubeiro, o home do saco, o sacaúntos ou o cabalo da Fiaña dan boa mostra dun rico universo creado polo pobo galego arredor do medo.

Para nos adentrar nel, alumnado de 1º e 2º da ESO amósanos a súa visión sobre algúns destes seres na exposición de debuxos Quen dixo medo?, que se pode ver na biblioteca. A iniciativa encádrase dentro da programación de actividades que se realizan este ano no instituto arredor da temática das emocións.

O alumnado de 2º de ESO achégase ao Día de Muertos mexicano

Que sabemos do Día de Muertos, unha das tradicións máis arraigadas en México? Os alumnos e as alumnas de 2º de ESO seguro que saben moito despois da actividade na que participaron o pasado xoves 2 de novembro.

A auxiliar de conversa do CEIP Plurilingüe de Foz Nümero 1, Cristina, deu unha charla en inglés para achegar este costume ás rapazas e rapaces de 2º de ESO.

Acostumados como estamos hoxe en día a todo o que rodea a Samaín e a Halloween, Cristina achegou ao instituto de Foz unha das festas con maior sona no país norteamericano e que máis fama acadou tamén durante os últimos anos en todo o mundo.

Distribuir contido


by Dr. Radut