Skip to Content

Blogue de Secretaría

Paula Jorge inspira os alumnos e alumnas de bacharelato

A influencer, mestra de inglés e maquilladora Paula Jorge acudiu este xoves 23 de novembro ao IES de Foz para dar unha charla incluída dentro do ciclo 'Inspírate-Inspírame'. O alumnado de 1º de Bacharelato puido gozar da súa espontaneidade e dos seus bos consellos de cara ao futuro.

Se queredes seguila en Tik-tok, o seu usuario é 'paublakmakeuplover' e se queredes ver as súas publicacións de Instagram, podedes facelo no seu perfil pau_jh.

                                    

Un novembro terrorífico

Hecho con Padlet

O alumnado de 1º de ESO corre en Lourenzá

As alumnas e os alumnos de 1º de ESO acudiron este venres 17 de novembro a Vilanova de Lourenzá para participar nunha iniciativa deportiva. A actividade 'Xogade de cros' pretende promocionar o campo a través entre a mocidade.

A xornada desenvolveuse nun día de sol e acudiron tamén rapazas e rapaces doutros centros, polo que puideron compartir a experiencia con alumnado de diferentes lugares da provincia.

              

AULA DE CAPACITACIÓN DIXITAL

DIETAS PROFESORADO 2023/2024

 

ESA II e ESA IV

O segundo cuatrimestre da ESA II e ESA IV empeza o 15 de febreiro de 2024 ás 18:30

RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA 2024/25

Inicio do Procedemento de Admisión do Alumnado para o Curso 2024/2025:

Toda a información premendo no seguinte enlace.

 

RESERVA DE PRAZA:

Os centros adscritos ao IES de Foz son o CEIP Nº1, CEIP O Cantel e CEIP de Nois. 

Isto supón que o seu alumnado ten dereito de prioridade para a admisión, a través do proceso de reserva de praza, que se levará a cabo no propio centro adscrito (centro de orixe).

 

ADMISIÓN:

O alumnado que desexe acceder ás ensinanzas de ESO ou Bacharelato no IES de Foz e que non teña praza reservada debe presentar solicitude de admisión.

O alumnado xa matriculado no IES de Foz  ten garantida a súa permanencia nel. Polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que implique cambio de centro.

 

Formas de presentar a solicitude de admisión:

Preferentemente a través da aplicación admisionalumnado.

A través da Sede electrónica.

De forma presencial na Secretaría do centro utilizando o formulario normalizado de solicitude (os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería:   https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

 

Calendario:

PRAZO

DATAS

Reserva de prazas nos centros orixe adscritos

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreIro de 2024, ambos incluídos.

Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado

(No taboleiro de anuncios do interior do IES)

22 de febreiro

Sorteo público a efectos de desempate

Última semana febreiro e antes do 1 de marzo

Publicación de postos escolares vacantes

Antes do 1 de marzo

Presentación de solicitudes de admisión

Do 1 ao 20 de marzo

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (cando non haxa postos escolares suficientes)

10 días hábiles contados desde o día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido (No taboleiro de anuncios do interior do IES)

25 de abril

Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais (realizaranse ante o Consello Escolar)

5 días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

(No taboleiro de anuncios do interior do IES)

15 de maio

Formalización da matrícula en ESO e Bacharelato

Do 23 de xuño ao 7 de xullo

 

Normativa reguladora do procedemento:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 Servizos complementarios:

O IES de Foz ofrece servizo de transporte escolar e servizo de comedor escolar, deben ser solicitados no momento da matrícula.

 

Información Importante:

A admisión e a matriculación nun centro docente público implicará respectar o Proxecto Educativo de Centro.

 

Poderase consultar a seguinte información na aplicación admisionalumnado:

(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado)

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

Máis información: 

Manual para as familias.

Menú escolar marzo 2024

Tarxeta xente nova

Menú escolar febreiro 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut