Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Premios Extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024.

Hoxe, 7 de xuño, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo.

Poden acceder a máis información desta convocatoria na aplicación PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu), no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Achégase unha folla informativa coas novidades e características máis relevantes desta convocatoria e con consellos prácticos sobre o proceso de solicitudes para todo o alumnado que cumpra as condicións para presentarse (ter unha nota media na ESO igual ou superior a 9 puntos), evitando deste xeito erros graves nas solicitudes que poidan levar á exclusión do alumnado. Neste sentido, é importante tamén a seguinte información:

a) A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación PremiosEdu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos. 

b) Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes. 

AdxuntoTamaño
PREMIOS_EXTRAORDINARIOS_ESO_RENDEMENTO_2023-2024-1.pdf196.48 KB


Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut