Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

III Día das Galegas nas Letras

Terceira Edición do Día das Galegas nas Letras

Aínda que este ano se adicou a unha muller, tradicionalmente o 17 de maio  homenaxea maioritariamente figuras masculinas. O Día das Galegas nas Letras xurdiu co obxectivo de pór en valor as nosas escritoras, dando a coñecer e rendendo merecida homenaxe ás autoras máis sobranceiras das nosas letras. Con esta actividade queremos tamén promover a visibilidade das mulleres e espertar o espírito critico do alumnado sobre a desigualdade.

Celebramos este curso o III Día das Galegas nas Letras, adicado nesta ocasión a Belén Feliú, autora non moi coñecida, por teren soamente unha obra publicada a título póstumo. Escollemos esta muller pola vinculación persoal co noso Centro, xa que desenvolveu seu labor coma profesora de filosofía no IES, daquela Fontexería, durante os derradeiros anos da súa vida

As actividades desenvolvidas con este obxectivo foron  as seguintes:

·      Deseño e impresión dun cartel conmemorativo:

·      Elaboración dun video homenaxe á figura de Belén Feliú, no que participou parte do profesorado e persoal de secretaría que traballou coa autora logo da súa estadía  coma profesora de Filosofía no IES (daquela) Fontexería. A idea inicial era proxectar o video ao final do curso, pero non foi posible por diversos problemas, de edición, primeiro, debido á longa duración, e logo organizativos. O visionado levarase a cabo no mes de setembro, como actividade de inicio de curso. Este é o enlace ao mesmo

https://youtu.be/N5Irrykp9jQ 

 

                                   



Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut