Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Guías TIC

Bolsa de Emprego Fontexería
Buzón

Servidor Abalar do centro
Recursos Didácticos

Curso de Galego
Atención a Pendentes

Día de Rosalía e RosalíArte

Coma en anos anteriores, o 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro. Desta volta, no Centro temos dúas actividades para unirnos a esa data tan sinalada. Dentro do IES, prepararemos unha exposición cos traballos realizados polo alumnado de  Tic´s de 4º Eso e 1º Bac, e fóra do Centro, o Dep. de Galego e o EDLG están a organizar unha actividade que podedes descubrir premendo neste díptico...  paciencia, que tarda un pouquiño!

 

 

RosalíArte

·  A idea desta actividade xurde cando descubrimos o material da serie “Rosalía pioneira” de Punto e Coma (que acompaña a nosa pequena exposición). O EDLG e o Equipo de Igualdade comezamos a traballar a idea, a perfilala aos poucos, e Javier, profe de TICs e autor do cartaz, prestouse a colaborar axiña. Para iso involucrou a gran parte do seu alumnado de 4º ESO e 1º Bac. As versións de Rosalía que aparecen aquí impresas son o resultado da imaxinación/libre inspiración do alumnado, que procurou fontes na arte pictórica, no cine, en imaxes cotiás … e logo tratou co programa GIMP

 

 

O resultado é, cando menos, sorprendente, curioso…

Para visualizar as imaxes dos traballos de Tic´s, é por aquí....

https://youtu.be/jFa2SO-ULFE

E estas son imaxes da Expo que xa está montada na entrada do Centro:

 

AdxuntoTamaño
IMG_2077.jpg1.23 MB
IMG_2076.jpg1.42 MB
IMG_2079.jpg1.45 MB
IMG_2080.jpg1.5 MB


Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut