Incio sesión

Coñecendo os cogomelos

Durante o mes de outubro e novembro, o alumnado de 1º e 2º de ESO está a traballar cos cogomelos: recoñecer as súas características, o seu hábitat, as súas peculiaridades e, sobre todo, distinguir se son ou non comestibles.  Realizaron unha recolección e unha exposición dos mesmos, ademais de elaborar un mural coa información recollida. Agora van elaborar un caderno persoal con todos eses datos. Traballarase de xeito plurilingüe de xeito interdisciplinar con castelán, inglés e francés.

Relacionado con isto, aportarán receitas de como cociñalos e, este venres 9 de novembro, farase, con todo o Centro, unha degustación das mesmas.

Colocando os cogomelos

facendo o mural