Skip to Content

ABALAR

ALGUÉN VEU O VENRES, NON?

Pois si; e a pesares da celebración do Samaín, non era un monstruo. Era o que veu instalar a rede wifi nos pisos superiores. Xa só nos faltan, para poder traballar, os ordenadores, o carrito armador, o EDI e máis o canón proxector. Queda menos!!

E NESTE CURSO QUE?

Pois pouca máis información podemos dar a maiores que a que demos a finais do curso pasado Vergoña. O dito "visteme despacio que teño présa" vén aquí que nen pintado. Decidimos que os ordenadores acompañaran ao alumnado de 1º a 2º de ESO; pero non sabemos nada dos novos ordenadores nen temos noticia ningunha ao respecto, de momento, ...

E O ANO QUE VEN; QUE?

Pois esa é unha pregunta que moitos nos facemos porque, en realidade, non temos confirmado nada. Sabemos, polo xornal e a páxina web da consellaría, que o proxecto vaise ampliar ao segundo curso da ESO pero volve a estar sen especificar como se vai levar a cabo. Os ordenadores de primeiro pasan a segundo? Cando mandarán o material novo? Antes do inicio do curso? Que pasa co profesorado ao que este ano non deixaron formar parte do obradoiro de formación e vai dar clase en segundo o ano que ven? Haberá que organizar un curso só para eles? E o novo profesorado? Dúbidas, dúbidas e máis dúbidas que iremos despexando e das que vos iremos informando a medida que nos vaia chegando información.

SE AS COUSAS VAN TAN A MODO, TODAS ESAS NOTICIAS QUE SAEN NO XORNAL.... QUE?

Pois a verdade é que nos veñen moi ben a todos xa que a comunicación Consellería - Centro, polo menos nestes aspectos, non se pode considerar de moi fluída, así que estas noticias nos permiten manternos informados das novidades e das decisións tomadas. Unha das últimas refírese a ampliación do proxecto e a inclusión de 2º de ESO para o ano que ven.

O DECÁLOGO + 1

Unha vez chegados a clase e presentada a normativa ao alumnado (antes da utilización por primeira vez dos ordenadores), démonos conta de que era excesivamente exhaustiva e pouco práctica para a aula. Xurdiu entón a idea de crear un documento novo que resumise (pero non invalidase) a normativa xeral de utilización. Pretendíamos compendiar todo en dez puntos esenciais pero, alongousenos un pouco. De aí o nome que lle puxemos "Decálogo + 1".

NORMATIVA UTILIZACIÓN

O ordenador (como calquer outro aparello destas características) é un material especialmente "sensible": sensible á humidade, ao calor, ás caidas, ao trato descuidado, ao desleixo,.... É por isto polo que consideramos necesario realizar unha normativa específica de uso; esta foi elaborada e consensuada no grupo de traballo-obradoiro de Abalar (conformado polo profesorado que imparte clase en 1º de ESO) e presentada ao claustro de profesores posteriormente, para a súa aprobación no consello escolar e a súa inclusión na renovación do RRI do centro.

E COMO VAI O PROXECTO NO INSTITUTO?

Pois, en principio, podería parecer que o primeiro eixo sobre o que se asenta o proxecto (ese que di equipamento e infraestructuras) xa está completado posto que as aulas de 1º de ESO están equipadas coa súa rede wifi, o seu armario de carga, o seu EDI (encerado dixital interactivo), o seu proxector, o portátil do profesorado e os ultraportátiles do alumnado; e é así pero, como soe ser habitual, hai algúns pequenos atrancos técnicos que nos impiden desenvolver e comezar a utilizar completamente as aulas abalar (técnicos que non aparecen, ordenadores de alumnado que non funcionan correctamente, problemas de conectividade....) xa que o seu arranxo non depende de nós. Os organismos competentes xa están avisados, pero tendo en conta que o despregamento do proxecto se fixo en todas partes ao mesmo tempo é lóxico pensar que non somos os únicos con problemas e que, probablemente, a solución a estes se alonguen no tempo.

Hai outro atranco a maiores e é que non podemos considerar neste proxecto os ordenadores como meros instrumentos procesadores de textos (é dicir, a súa función non é a de substituír simplemente o libro de texto e o caderno) nin como unha consola de xogos e actividades; o seu obxectivo é moito máis amplo e ambicioso e isto debería supoñer un cambio na metodoloxía do proceso de ensinanza-aprendizaxe, e os cambios precisan o seu tempo (é preciso un periodo de adaptación tanto do profesorado como do alumnado). E nisto estamos.

O PROXECTO ABALAR

Probablemente a pregunta sexa... e isto do Abalar... que ven sendo en realidade? Pois creo que ninguén mellor que a propia Consellería de Educación para dar resposta a isto.

Distribuir contido


by Dr. Radut