Skip to Content

Actividades, APA, Novas

II ENCONTRO DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA

Os pasados días 24 e 25 de Abril tivo lugar en Santiago o II Encontro de Centros para unha Convivencia Positiva coa participación de familias, profesorado e alumnado de 23 centros educativos. O Encontro foi organizado polo IES Fin do Camiño, o IES Antonio Fraguas de Santiago(sede do encontro) e o IES Xulián Magariños de Negreira. Ademais de contar con relatores como Pedro Uruñuela Nájera, José María Avilés, ou VincenÇ Rul.lan Castañer, apostouse polo intercambio de experiencias e boas prácticas entre iguais e tamén co alumnado e as familias a través dun Espazo Aberto e dun World Café, dinamizados por Gorka Ruiz.

Se queres atopar mais fotos, artigos de prensa e información, agrégate ó noso facebook oficial do encontro: Encontro Convivencia Positiva Santiago.https://www.facebook.com/encontroconvivencia.negreirafisterra

No facebook poderás atopar artigos como estes:

http://opatiodasideas.tumblr.com/post/84314590967/a-convivencia-non-se-impon-construese

http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/ies-negreires-ensena-youtube-atajar-conflictos/idEdicion-2014-04-29/idNoticia-865995/

(no minuto 3:37) http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/informacion-local-santiago-de-compostela-803571

ou este vídeo de Federico Mayor Zaragoza :https://docs.google.com/file/d/0B-OKwAhAKfyPY0NBaGo4Um5hLVU/edit?pli=1

MATERIAIS DA ESCOLA DE NAIS E PAIS DO ITE


Presento un acceso aos materiais da sección "Escola de pais" do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de formación do profesorado (ITE).
Inclúe moitos materiais sobre os temas que máis preocupan ás familias con fillos en idade escolar: saúde corporal, desenvolvemento psicolóxico, apoio á aprendizaxe, orientación familiar, internet e TV, educación en valores e convivencia na escolar. 

Pincha no seguinte enlace e escolle unha temática no menú esquerdo.

http://ntic.educacion.es/v5/web/padres/

MATERIAIS DA ESCOLA DE NAIS E PAIS DO ITE

ESCOLA DE PAIS DO ITE
Presento un acceso aos materiais da sección "Escola de pais" do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de formación do profesorado (ITE).
Inclúe moitos materiais sobre os temas que máis preocupan ás familias con fillos en idade escolar: saúde corporal, desenvolvemento psicolóxico, apoio á aprendizaxe, orientación familiar, educación en valores,internet, TV e novas tecnoloxías e convivencia.

Para acceder a cada tema pincha no seguinte enlace, e selecciona un tema na columna da esquerda:

http://ntic.educacion.es/v5/web/padres/

BECAS PARA ESTUDAR 1º DE BACHILLERATO EN CANADÁ (FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA). EDICIÓN 2014-2015:

A Fundación Amancio Ortega convoca 100 becas dirixidas a alumnado de 4º diso para estudar 1º de Bachillerato  en distintas provincias anglófonas de Canadá. (Alberta, British Columbia, Nova Escocia, Ontario e Manitoba).

O alumnado convivirá 10 meses cunha familia de acolleita co obxectivo de integrarse na comunidade escolar para mellorar a súa formación, o idioma e coñecer a cultura. 

A beca cobre todos os gastos de viaxe, aloxamento en familia, manutención, seguro médico, ... . 

Os requisitos académicos son os seguintes: 

1. Nota Media igual ou superior a 8,00 puntos en terceiro diso.
2. Nota Final da asignatura de inglés en terceiro diso, igual ou superior a 8,00 puntos.


O prazo de solicitude vai do 16 de Dicembre ao 07 de febreiro do 2014

Para mais información, pincha no seguinte enlace:

http://www.becasestudiaencanada.org/convocatoria

MATERIAIS CHARLA COLOQUIO SOBRE A IMAXE CORPORAL

Aquí tedes as presentacións que utilizou Paula Rico na sesión de nais e pais sobre a imaxe corporal.

Pincha nos seguintes dous enlaces para velas:

 

http://issuu.com/iesfisterra/docs/trastornos_e_imagen_persoal_conxuga?e=0

 

http://issuu.com/iesfisterra/docs/sesi__n_de_imaxe_corporal_ciclo_de_/1?e=0

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS

Tal e como estaba previsto, terá lugar a segunda sesión da escola de nais e pais deste curso escolar. Logo de tratar o tema da sexualidade, nesta segunda reunión falaremos da preocupación pola imaxe corporal dos nosos fillos e fillas e de cómo afrontalo na familia. Como sabe, este é un tema moi relacionado cos trastornos alimenticios (anorexia, bulimia, etc.) e coa autoestima. Contaremos coa visita de Paula Rico, sexóloga do Centro Quérote + de Santiago de Compostela.
    A reunión realizarase o próximo martes, día 10 de decembro, ás 18:00 da tarde na biblioteca do IES Fin do  Camiño. A duración prevista para a sesión é de 1 hora e media aproximadamente.
    Agardamos contar con todos e todas.

GRUPO DE FAMILIAS

No centro  tiveron lugar dúas reunións máis do grupo de familias. Unha o 12 de decembro, onde falamos da importancia das normas na vida do/a  adolescente, e a outra  o 16 de xaneiro, onde estivemos debatindo  sobre cal  debería ser a participacipación  da familia no  estudo dos seus fillos/as.

 

Ademáis queremos felicitar a todas as familias que xa tenen número  de lector da biblioteca e o  usan. Se algunha familia está interesada nalgúns  destes aspectos  que pregunte aos titores/as ou directamente a Mabel.

1º REUNIÓN GRUPO DE FAMILIAS.

Nas reunións iniciais cos titores e titoras  algúnhas familias,  de 1º e 2º ESO amosaron  o  seu  interese en  participar en  charlas sobre temas de adolescencia. Este mércores tivo  lugar a primeira xuntanza as seis  da tarde. Deixo aqui o material  tratado por se alguén lle pode interesar. Para máis  información  falar con  Mabel.

Distribuir contido


by Dr. Radut