Skip to Content

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO IES FIN DO CAMIÑO

O Centro escolar está redactando as normas de organización e funcionamento, un documento no que se aclaran cuestións que afectan á vida escolar, como a custodia do alumnado, o control da asistencia e da puntualidade, as normas de convivencia, o uso das instalacións, etc. Compre que as familias participen deste, co obxecto de que resulte un documento compartido por toda a comunidade educativa.


No documento adxunto poden ler un borrador elaborado polo equipo directivo. Por favor, faga chegar as súas consideracións ou emendas ó correo electrónico do centro ies.findocamino@edu.xunta.es ou ben por notificación na secretaría do centro dirixida ó director. Tamén, as familias poden facer chegar as súas suxerencias a través da representante da ANPA, Concha Montero Ruzafa ou da representante do consello escolar Mª Victoria Outes Ruibo.


Unha aperta: o director

AdxuntoTamaño
NOF.pdf368.82 KB


page | by Dr. Radut