Skip to Content

Publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado e suplente, así como os destinos, as datas de realización das estadías e as achegas familiares correspondentes en cada caso.

Ábrese un prazo de cinco días naturais (ata o 13 de xuño) para que os solicitantes fagan o pago da achega familiar e lle remitan á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a documentación necesaria.

As listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na web da convocatoria premendo no seguinte enlace:

axudasle

 

 


A semana que incluía o Día das Letras Galegas foi moi "movidiña" para o noso club de lectura. O luns 15 recibimos a visita do club de lectura Libros coma area! do I.E.S. Agra de Raíces e con eles compartimos unha serie de actividades que tiveron o MAR como protagonista.

O xoves 18 fomos a Santiago: teatro, museo, a Casa da Troia, exposición de papiroflexia, Feira do libro antigo e de ocasión, librarías, roteiro literario... Un día moi completiño!!

Para que vexades que a cultura non está rifada coa diversión, velaquí tedes unha selección de imaxes deses días...

 

ENCONTRO GHUAIDELAI E LIBROS COMA AREA! 15 maio 2017 on PhotoPeach

 

GHUAIDELAI EN SANTIAGO 18 de maio 2017 on PhotoPeach


Dende o 22 de maio ao 8 de xuño estará aberto o prazo de preinscrición para os cursos para a formación de linguas estranxeiras (CUALE), que se levarán a cabo durante o curso 2017/2018 no I.E.S. Fernando Blanco (Cee).

Está dirixido a alumnado que vai cursar 3ºESO, 4ºESO ou un Ciclo Formativo de Grao Medio no vindeiro 2017/2018 e está organizado en dous niveis: un curso para acadar o nivel A1 e un curso de preparación para acadar o nivel A2 nas probas libres convocadas pola Escola Oficial de Idiomas.
O listado cos admitidos e excluidos publicarase o 9 de xuño.

Para máis información (prazo de reclamacións, prazo de matrícula, documentación solicitada...), por favor prema neste enlace.


Aberto o prazo para participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar curso 2017/2018. Atópanse na secretaría do centro os impresos para entregar ás familias.

Para máis información prema no enlace seguinte:

DOG

 


Publicación das listaxes correspondentes ao disposto no artigo 15.3 da Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 27/02/2017), unha vez rematado o prazo establecido no artigo 15.2 desta Orde de convocatoria.

Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse no seguinte enlace á web da convocatoria: axudasle


Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao escritor ourensán Carlos Casares (1941-2002), novelista, ensaísta e colaborador habitual en La Voz de Galicia, coa súa columna Á marxe.

Dende a biblioteca tentamos dar a coñecer a súa figura elaborando un tríptico sobre el e a súa obra, que está colgado nos taboleiros de todas as aulas. Ademais, o grupo dos "maiores" do noso club de lectura asistirá mañá á unha adaptación teatral da súa novela Os mortos daquel verán, no Salón Teatro en Santiago, coproducida polo Centro Dramático Galego e Talía Teatro.

 

 


by Dr. Radut