Skip to Content

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta convocan unha nova edición do certame de declaracións de amor na rede Lingua de namorar.

Para consultar bases, categorías e premios, podedes facelo AQUÍ.

O prazo remata o 29 de xaneiro. Animádevos a participar!!


Este xoves, 21 de decembro, estivemos aprendendo a facer exquisitas galletas de Nadal, enerxéticos cócteles con 0.0% alcol e extraordinarias cremas faciais de alto valor nutritivo nuns incribles obradoiros deseñados para tal fin coa inestimabel colaboración da ANPA.

Ver imaxes


Este xoves, 21 de decembro, entregamos os doces recollidos a Cáritas. O noso máis sincero agradecemento a tod@s @s colaborador@s. Sen a vosa desinteresada acción esta actividade sería imposible.

Grazas, moitas grazas.

No seguinte enlace atoparedes tódolos memes empregados nesta campaña.

Memes


Dende o I.E.S. Fin do Camiño continuamos coas actividades de promoción da solidariedade a través de dous proxectos de aprendizaxe-servizo: 

  • FisterraDoa, no que promocionamos a doazón de sangue e que ten unha traxectoria moi exitosa grazas a vosa participación que agradecemos cordialmente;
  • e FisterraDoce, unha campaña de recollida de doces de Nadal para as persoas menos afortunadas do noso pobo.

 Os alumnos e alumnas están a desenvolver o proxecto esta edición que se realizará no centro dende o vindeiro luns 18 ata o mércores 20 de decembro, proxecto no que colaboramos con Cáritas que será a encargada de facer o reparto dos produtos.

 

Esperamos contar de novo co voso inestimabel apoio.  

 

Agradecendo de antemán a vosa colaboración e recordámosvos que podedes seguirnos no Facebook FisterraDoce. 

 

Feliz Nadal a todas e todos.

 


O día 20 de novembro, data do aniversario da Declaración Universal dos Dereitos do Neno en 1959, celebrouse o Día Universal do Neno. Este ano 2017 UNICEF animaba aos nenos e nenas de todo o mundo a prestar a súa voz para apoiar aos millóns de menores que, a diferenza deles, non poden ir ao colexio ou están desprotexidos. Por iso, algúns membros do Club de lectura reuníronse ese día para gravar un vídeo e facer así a súa pequena achega á difusión destes dereitos.

E velaquí está o resultado!!

 


Este é o título do manifesto lido polos representantes dos catro cursos da ESO do noso centro nun acto convocado polo Concello de Fisterra con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Ao acto, que forma parte da campaña de sensibilización "En Negro contra as violencias", asistiu alumnado e profesorado dos centros educativos da localidade para reivindicar a igualdade e o respecto entre homes e mulleres, e facer visible o noso rexeitamento ante calquera tipo de violencia machista.
Cremos que nós podemos facer moito dende a nosa profesión porque, como dicía un fragmento do manifesto lido, debemos transmitir "Educación para facernos fortes. Educación para desfacer os prexuízos e estereotipos sobre as mulleres. Educación para adquirir conciencia crítica e saír da escola convencidas de que podemos facer que o mundo cambie. Educación para esixir os nosos dereitos e que se faga todo o necesario para que ningunha muller morra asasinada."

VER IMAXES


Este sábado estivemos xogando en Mazaricos. Despois uns recoñecementos en forma de medallas e diplomas, pizza e...

de volta a Fisterra.

 

VER IMAXES



by Dr. Radut