Skip to Content

Dende a Deputación Provincial da Coruña no marco das actividades de comemoración do "8 de marzo" convócase  o IX Concurso de viñetas, para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, sobre as mulleres na historia de Galicia co obxeto de visibilizar o emponderamento das mulleres como presenza fundamental no desenvolvemento da sociedade galega.

Máis información AQUÍ.


Para celebrar o Día da Muller este ano decidimos homenaxear ás mulleres que forman parte das nosas vidas, esas mulleres necesarias e valentes, que en moitas ocasións viviron circunstancias moi pouco favorables, pero, aínda así souberon saír sempre adiante con dignidade.
Para elas e por elas, fixemos unha exposición na entrada do instituto con fotografías cedidas polo alumnado.
Moitas grazas a todas e todos os participantes por sumarvos a esta homenaxe e, sobre todo, GRAZAS ÁS MULLERES DA NOSA VIDA!!!

 

 

Onte, o alumnado de todos os cursos do centro estivo de excursión en Santiago de Compostela.
Primeiro, Rubén ofreceunos unha visita guiada á catedral e ás prazas que a rodean. A continuación, asistimos no Teatro Principal á representación de Xogo de pillabáns, un espectáculo que combina teatro e música a cargo do quinteto de vento Zoar. Despois de repoñer forzas, pola tarde, dirixímonos á Cidade da Cultura, onde nos falaron da súa arquitectura, visitamos a biblioteca e admiramos Singularidade, a escultura de Alicia Martín, na que fixemos a nosa "aportación gráfica".

Ver Imaxes


PGC - FdC 2018

Este venres, 16 de febreiro, o alumnado asistiu na biblioteca do centro a varias charlas organizadas polo Departamento de Orientación e impartidas por Sergio García Vázquez, membro da Garda Civil. Os temas tratados foron o acoso escolar para 1º e 2º ESO, e a prevención da violencia de xénero para 3º e 4º.


Publícase a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 8 de febreiro ata o 7 de marzo (incluído).

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.


Este ano para celebrar o Día da Paz, baixo o lema "Por un mundo en cor", decidimos facer unha reflexión sobre situacións de inxustiza que se viven en moitos lugares, que non por afastados de nós deberan ser ignorados.

[Ler máis...]

 

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia convocan o II Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos, un certame dirixido ao alumnado de centros sostidos con fondos públicos que cursen 5º ou 6º de Primaria ou algún dos catro cursos de ESO. O certame organízase con motivo do Día da Protección da Datos, que se conmemorou o pasado domingo 28 de xaneiro en toda Europa.
O prazo para que o centro envíe os traballos remata ás 15.00 horas do día 28 de febreiro de 2018, polo que as alumnas ou alumnos interesados deben presentalos no centro con anterioridade.

Para consultar bases, categorías e premios, podedes facelo AQUÍ.

Animádevos a participar!!



by Dr. Radut