Skip to Content

Neste mes de maio festexamos dende a biblioteca o Día das Letras Galegas con distintas actividades. Empezamos o pasado luns, 7 de maio, cando, grazas ao patrocinio da editorial Galaxia, o alumnado de 3º e 4º da ESO foi ver a adaptación teatral da novela Anagnórise de María Victoria Moreno, autora homenaxeada durante o presente ano. A representación resultou sorprendente, divertida e didáctica. Ademais puidemos gozar do reencontro con antigos alumnos e alumnas.

Se queredes ver algunhas fotos máis, visitade esta entrada do noso blog Biblioestremonías.


Para celebrar esta data, algúns integrantes do noso Club de lectura Ghuaidelai decidiron compartir lecturas co alumnado do CEIP Areouta de Sardiñeiro. A experiencia foi marabillosa, como poderedes comprobar no vídeo dispoñible nesta entrada de Biblioestremonías, o blog da nosa biblioteca.


A data 2 de maio publícanse as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente. A posición nas listaxes e, polo tanto, a asignación a un grupo de “achega familiar”, estará condicionada ás posibles reclamacións e, no seu caso, á presentación da documentación requirida, podendo variar entre estas listaxes e as definitivas.

Ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as solicitantes, que así o desexen, formulen reclamacións e, no seu caso, remitan a documentación requirida.

Máis información AQUÍ.


Esta semana estivo no centro co alumnado de 3º e 4º ESO Víctor de Mira, un dos coordinadores dos Premios Fouciño de Baio. No encontro deu a coñecer este certame de audiovisual, no que hai unha categoría específica para estudantes, e presentou algúns dos traballos gañadores de edicións anteriores.
Animádevos a participar!! O prazo para presentar os vosos traballos remata o 31 de maio. Tedes máis información AQUÍ.


Onte o alumnado de 1ºESO asistiu na biblioteca a un encontro, facilitado pola editorial Galaxia, coa escritora Antía Yáñez Rodríguez, autora de O misterio de Portomarín.

Se queredes ver imaxes do encontro e o booktrailer sobre o seu libro realizado por nós premede AQUÍ.


Publícanse a día de hoxe as listaxes das solicitudes coa documentación correcta (anexo I), das que precisan da emenda dalgún aspecto (anexo II) e das solicitudes excluídas (anexo III).
Ábrese un prazo de dez días naturais para emendar os erros e a falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.
O alumnado do centro que solicitou estas axudas figura no anexo I (solicitudes coa documentación correcta).
MÁIS INFORMACIÓN


Obradoiro de poesía e marcapáxinas na Biblioteca do IES Fin do Camiño para celebrar o Día Mundial da Poesía.

Na seguinte presentación podedes ver o proceso da actividade.

 



by Dr. Radut