Skip to Content

O luns gozamos na biblioteca da derradeira actividade relacionada coa celebración das Letras Galegas: o espectáculo de música e audiovisual da cantautora de Arzúa M.J. Pérez. Esta actividade, facilitada polo Concello de Fisterra, forma parte da nova campaña de dinamización lingüística lanzada pola Deputación da Coruña, O galego, a miña lingua propia, que tenta promocionar o uso do galego entre a mocidade.

Seguro que despois desta fermosa actuación conta cun feixe máis de seguidores e seguidoras!!

E unha actividade máis para celebrar o mes das Letras Galegas: o encontro do noso Club de lectura Ghuaidelai cos clubs de lectura do I.E.S. Agra de Raíces (Cee) e do I.E.S. Maximino Romero de Lema (Baio) celebrado o 15 de maio.

Visitamos os Muíños e Batáns do Mosquetín en Vimianzo e as Torres do Allo en Baio-Zas, e fixemos un roteiro literario en Malpica baseado na lectura de As aventuras de Pelusa, de Xelucho Abella Chouciño.

Nesta entrada ao blog da nosa biblioteca, Biblioestremonías, tedes a reportaxe audiovisual froito deste encontro.


 

Aqui vos deixamos o video do  Club de Ciencia 2017-18, onde explicamos parte do traballo realizado ao longo deste ano.

Esperamos que vos guste.

Aqui  podes ver o video

 


Publícanse as listaxes definitivas de persoas seleccionadas e de suplentes, así como os destinos, as datas de realización das estadías e as achegas familiares correspondentes en cada caso.

As persoas que facilitaron o seu correo electrónico recibirán por esta vía unha mensaxe na cal se indicará o importe da achega da familia e os datos necesarios para o pagamento da correspondente cantidade. Para todos os solicitantes, a información referente ao pagamento poderán consultala a través da opción do menú "3. Estado solicitude" da páxina web do programa, axudasle.

Prégase que o recibo de pago se axuste ao formato indicado. No apartado "Concepto" deberá facerse constar o número da solicitude e os apelidos e nome do/a alumno/a.

Ábrese un prazo de cinco días naturais para realizar o correspondente pago: ata o día 5 de xuño, incluído.

Máis información en axudasle.


Está aberto o prazo para solitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2018/2019.

Tedes toda a información no arquivo adxunto.

Os impresos están dispoñibles na secretaría do centro e tamén no portal educativo;http://sede.xunta.gal


Dende o 1 ao 31 de maio estará aberto, no IES Fernando Blanco, o prazo para a preinscrición do alumnado interesado en participar nesta oferta educativa que contempla os marcos de referencia europea.
Alumnado ao que se dirixe:

  • Alumnado que cursará 3º ESO no vindeiro 2018/19: curso de formación para acadar o nivel A1.
  • Alumnado que cursará 4º ESO ou un Ciclo Medio no curso 2018/19: curso de preparación para acadar o nivel A2 (nas probas libres convocadas pola Escola Oficial de Idiomas).

Queda á vosa disposición o cartel con máis información e o impreso de preinscrición nos seguintes documentos adxuntos:


O venres 18 de maio, o alumnado asistiu na biblioteca do centro a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Sergio García Vázquez, membro da Garda Civil, que xa nos visitou con anterioridade. O tema tratado nesta ocasión foi a prevención da drogodependencia.



by Dr. Radut