Skip to Content

O Mércores 15 de setembro do 2021 iniciarase o curso escolar 21-22 para todos os grupos da ESO en horario de 08:25 a 13:55.

O servizo de autobuses estará dispoñible.


  • Calendario de exames setembro: No arquivo adxunto está o acceso ao calendario dos exames.

  • Entrega de boletíns e devolución libros Fondo: Luns, 6 de setembro ás 11:00 h.:

  • Reclamacións ás cualificacións: Días 7 e 8 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 h.

  • Prazos matrícula setembro: Informarase o día de entrega de notas das datas de matrícula.

 


  • ENTREGA DE NOTAS E FONDO LIBROS DO CURSO 20-21

O día de entrega de notas é o venres día 25 de xuño ás 12.00  horas (non haberá trasporte escolar).

O alumnado irá a clase correspondente, entregará os libros do Fondo Libros e o titor/a repartirá os boletíns de calificación.

O alumnado quedará cos libros daquelas materias que non aprobe en xuño.

Xunto coas notas entregaranse os documentos necesarios para a matrícula do curso 2021-2022 .

  • MATRÍCULA DE XUÑO PARA O CURSO 21-22 (so para alumnado que aprobe todas as materias en xuño)

O prazo da matrícula ordinaria para o curso 2021-2022 comeza o día 25 de xuño e remata o 10 de xullo. Para evitar aglomeracións, pregamos, sempre que sexa posible, que se respecte o seguinte calendario, en horario de 10.00  a 13.00 horas:

-Alumnado que se matricule en 1º da ESO o día 28 de xuño.

-Alumnado que se matricule en 2º da ESO os días 29 e 30 de xuño.

-Alumnado que se matricule en 3º da ESO os días 1 e 2 de xullo.

-Alumnado que se matricule en 4º da ESO os días 5 e 6 de xullo.

O alumnado con materias suspensas terá que esperar a setembro para facer a matrícula.


O alumnado de 4º ESO gozou dunha saída ás Fragas do Eume e Ferrol, enmarcada no Proxecto Terra no que o centro participa.
Comezaron coa visita ao barrio da Madalena e ao Ferrol Vello, para despois dar un paseo en barco pola ría ata o Castelo de San Felipe. Ao mediodía asistiron a unha interesante charla sobre bioconstrución, o Proxecto Alvarella, e repuxeron forzas para visitar despois o Mosteiro de Caaveiro e gozar dun fermoso roteiro polas Fragas do Eume. Un día ben intenso!

Ver imaxes


Xela Arias é a protagonista do Día das Letras Galegas 2021. Escritora, tradutora, editora e docente, deixounos poemas que son un reflexo da súa personalidade rebelde, inconformista e transgresora, poemas aos que o noso alumnado pon voz na seguinte montaxe.

Ver montaxe

Díptico Xela Arias


Chegou o Día do Libro e para celebralo estivemos toda a semana recomendando lecturas durante o recreo no noso "photocall literario" na biblioteca: narrativa, ciencia, manga, poesía... E para rematar, convidados pola Biblioteca Municipal de Fisterra Casa do Arco, visitamos un posto de libros no que puidemos elixir o noso agasallo. Moitas grazas!

Ver vídeo

Ver imaxes


Achégase a fin do trimestre e con ela a recolleita non só de cualificacións, senón tamén do tan desexado premio do Concurso de Interpretación de poemas de Rosalía de Castro. O grupo gañador é... o alumnado de 4º ESO, que mesturou "as dúas Rosalías" nunha coreografía con música do tema Malamente e como letra o poema Nasin cand'as prantas nasen. Parabéns!!

Máis imaxes



by Dr. Radut