Skip to Content

Onte, 10 de xuño, publicáronse as listaxes de seleccionados/as e suplentes, ordenados por puntuación.

Ábrese un prazo de cinco días naturais para que os solicitantes fagan o pago da achega familiar e lle remitan á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a documentación necesaria.

As listaxes e as instrucións para o envío de documentación poden consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/axudasle.


E unha actividade máis para celebrar o mes das Letras Galegas: o encontro do noso club de lectura Ghuaidelai cos clubs de lectura do IES Maximino Romero de Lema (Baio) e o CPI de Zas celebrado o 27 de maio.
O encontro tivo como fío condutor o roteiro literario baseado na lectura de dous libros: Volverás golfiño, de Andrea Maceiras, lido polos clubs de lectura dos tres centros, e Costa do Solpor. O regreso da Illa do tesouro, de Xosé Mª Lema Suárez, lido polo alumnado do grupo de 3º e 4º do noso club de lectura.
Visitamos A Ponte do Porto, Camelle, o Cemiterio dos Ingleses, o faro de Cabo Vilán e os arredores das Torres de Cereixo.
Aquí tedes a reportaxe audiovisual froito deste encontro...

Ver vídeo


Implementación da Unidade Didáctica de Primeiros Auxilios no Fin do Camiño en 4º de ESO.

Máis fotos.


O alumnado do Club de Ciencia do IES participou o 15 de maio nunha nova edición da Feira científica da Costa da Morte, Festiciencia, que este ano se celebrou dentro do Festiletras do Couto en Ponteceso. Presentou o seu proxecto de reintrodución na praia de Mar de Fóra do endemismo galego Alyssum Gallaecicum ademáis de realizar unha análise de solo en directo. Ao mesmo tempo tamén participaron en diferentes obradoiros como xogos populares, papiroflexia, cartografía, utilización de drons,... e asistiron ás explicacións ofrecidas polos outros centros participantes dos seus propios proxectos. Rematou a xornada coa conferencia de Angel Carracedo seguida dun turno de preguntas e respostas; e todo isto acompañado dunha boa chocolatada. Que máis se pode pedir?

Ver máis fotos


E continuamos cos encontros literarios no mes das letras. Esta vez foi con Xosé Mª Lema Suárez, autor de Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro, libro lido polo alumnado de 3º e 4º do club de lectura. Xosé Mª ofreceunos unha charla amena, moi completa e perfectamente documentada con fotografías dos principais escenarios da historia narrada no libro, analizando ditos, refráns e exemplos da fala da zona, que é a que teñen os personaxes galegos do libro. Ao final do encontro, o alumnado fixo preguntas, algunhas das cales xa foran xurdindo ao longo das sucesivas reunións do club de lectura. Agasallounos, ademais, con varios libros escritos por el, que pasarán a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.
Moitísimas grazas, Xosé María!!

Que pasa na costa

La Voz de Galicia


Dende o 7 ao 31 de maio estará aberto, no IES Fernando Blanco, o prazo para a preinscrición do alumnado interesado en participar nesta oferta educativa que contempla os marcos de referencia europea.
Alumnado ao que se dirixe:

  • Alumnado que cursará 3º ESO no vindeiro 2019/20: curso de formación para acadar o nivel A1.
  • Alumnado que cursará 4º ESO ou un Ciclo Medio no curso 2019/20: curso de preparación para as probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas.

Queda á vosa disposición o cartel con máis información e o impreso de preinscrición nos seguintes documentos adxuntos:


Publicación das listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente. Ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as solicitantes que así o desexen, formulen reclamacións e, no seu caso, remitan a documentación refirida no estado "14. Requirimentos pendentes", que deberá ser remitida á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional empregando o modelo de instancia correspondente e xuntando a documentación xustificativa que corresponda.

Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na páxina web do programa, a través do seguinte ENLACE.



by Dr. Radut