Skip to Content

blogue deLAA

Torneo de Xadrez 960 - FdC - 2024

Hoxe comezou o noso torneo de xadrez, este ano no formato 960.
Moita sorte a todos os participantes e que gañe o mellor.

Entroido 2024 no IES Fin do Camiño

A próxima semana, teremos tempo de troula ademais de traballar.

De luns a xoves seguiremos os mandadiños da sardiña para botarnos unhas risas.
O venres, ademais de comer sobremesas típicas destas datas, celebraremos o concurso de disfraces e comparsas con interesantes premios.

Animádeos a participar!!

Enlace aos mandadiños da sardiña.

Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais

 Este martes 30 de xaneiro visitounos David, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Na súa intervención, David abordou os conceptos básicos da pegada dixital, así como as súas implicacións para a privacidade e a seguridade.

Comezou definindo a pegada dixital como a pegada que deixamos na rede cada vez que realizamos unha acción en liña. Este rastrexo pode incluír información confidencial sobre nós, como o enderezo IP, os sitios web que visitamos, as buscas que realizamos, os dispositivos que usamos, o noso nome ou a localización onde nos atopamos.

Despois afondou nas implicacións da pegada dixital para a privacidade. Explicou que se non tomamos medidas para protexer a nosa privacidade, calquera persoa que teña acceso á nosa pegada dixital podería recompilar información sobre nós sen o noso coñecemento e utilizala para diversos fins, como mercadotecnia, vixilancia, ciberacoso ou outras actividades delituosas.

Finalmente, ofreceu consellos para protexer a nosa privacidade na web. Estes consellos incluían o uso de contrasinais seguros, evitar compartir información persoal en liña ou usar ferramentas de privacidade.

A conversa amena e a información clara. Agora que comprendes os riscos asociados á túa pegada dixital e como protexerte, xa é cousa túa. Toma o control da túa pegada dixital!

Proxecto Lector e Plan Anual de Lectura

O Plan Lector ten por obxectivo fomentar os hábitos lectores da comunidade educativa e contribuir á adquisición da competencia lingüística. Recolle as accións previstas polos distintos departamentos do centro e consta de dous documentos:

Plan COVID-19

Xa está dispoñible a primeira versión do Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020-2021 do IES Fin do Camiño.

Novidades COVID-19

Con vontade de servizo público iniciamos o espazo Novidades COVID-19 da nosa web, no que se publicarán as novidades sobre a pandemia que atinxan ao noso centro. Para mellorar a súa difusión serán publicadas simultáneamente na páxina principal pero será nese espazo, Novidades COVID-19, onde permanecerán debidamente agrupadas e ordeadas.

Pódese acceder a Novidades COVID-19 tanto desde o botón localizado na cabeceira de tódalas páxinas da nosa web como mediante o elemento gráfico presente só na páxina principal arriba á dereita.

RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021 PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO

Aviso importante para o alumnado do IES Fin do Camiño e o de 6º do CEIP Mar de Fóra e CEIP Areouta

O alumnado do noso centro e o que se incorpora en 1º da ESO no curso 2020-2021 dos CEIP de Fisterra non ten que facer este procedemento, xa que ten a reserva de praza tramitada automaticamente.

Este alumnado só terá que formalizar a matrícula en xullo unha vez rematado o curso. Se informará das datas. Ata ese momento non ten que facer ningún outro trámite de reserva de praza.

Prazo de presentación de solicitudes de admisión do 11 ao 18 de maio para alumnado de novo ingreso no centro

As solicitudes de reserva e admisión de alumnado de novo ingreso que non proceda dos centros citados no apartado anterior realizaranse mediante o formulario de admisión, o cal se pode cubrir directamente na aplicación informática AdmisionAlumnado ou ser descargado e cuberto de forma manual polas familias e entregado no centro educativo.

Forma de contacto co centro

O procedemento para presentar a solicitude de admisión será a través do teléfono 881 960 528 ou o correo electrónico do centro. Nesa comunicación concretarase día e hora para tramitar a solicitude de forma presencial no centro educativo.

Documentación a presentar no centro educativo

  • Formulario de solicitude, formulario ED550B.
  • DNI ou páxina do libro de familia do alumno ou alumna.
  • Certificación oficial de matrícula do curso actual emitido polo XADE.

Navega con Rumbo 2018 visita o noso centro

Navega con Rumbo 2018

Hoxe, mércores 21 de novembro, visitounos o compañeiro de Navega con Rumbo, Adrián Brañas Castro, para dar unha animadísima charla ao noso alumnado do primeiro ciclo da ESO.

A presentación, entre argumentos e indicacións, pivotou sobre dúas cuestións: a seguridade en rede ou os perigos agochados e como evitalos; e as boas maneiras ou o respecto que como usuarios da rede debemos aos outros cibernautas.

Seguindo esta ligazón a Navega con Rumbo podedes completar información e baixar guías de navegación para nais, pais, estudantes e docentes.

Lendo de medo

Frederico

O martes 30 de outubro, véspera do Samaín, gozamos de arrepiantes lecturas acompañados por Frederico, o noso alumno máis vello que estivo de visita procedente do máis aló (concretamente do Laboratorio, que está seis salas máis aló da Biblioteca).

Ver imaxes

Ver vídeo

Distribuir contido


by Dr. Radut