ACTUALIZACIÓN DE DATOS DO MES DE MAIO

A) ESO. Segunda Lingua Estranxeira.

Para os niveis de 1º, 2º, 3º e 4º: estamos a utilizar e seguiremos empregando a mesma metodoloxía utilizada dende o 14 de abril, comezo da 3ª Avaliación. Isto é, comunicación periódica co noso alumnado (semanalmente ou quincenalmente) vía mail e/ou Abalarmóbil, se for preciso.

O traballo consiste no reforzo e repaso de contidostraballados nas avaliacións pasadas e na ampliación de contidos sinxelos. Material utilizado: fichas, vídeo, audios e libro de texto.

B) Bacharelato

1º de Bacharelato

 B.1. Primeira Lingua Estranxeira: repaso, reforzo e ampliación de  contidos que figuran no libro de texto, caderno do alumno e fichas.

 NOVIDADE IMPORTANTE:

 Na semana do 11 ao 15 de maio terán lugar os exames da 2ª Avaliación que non se puideron facer por mor da   entrada en vigor do Estado de alarma. As datas e horas son as que figuran a continuación:

 LUNS, 11 DE MAIO, ÁS 13H: C.E  (comprensión escrita)

 MARTES, 12 DE MAIO, ÁS 11H: E.E  (expresión escrita)

 XOVES, 14 DE MAIO, ÁS 11H: C.O.  (comprensión oral)

  B.2.Segunda Lingua Estranxeira: repaso, reforzo e ampliación  dos contidos que figuran no libro de texto así como fichas e audios.

  2º de Bacharelato

 Tanto na Primeira Lingua Estranxeira como na Segunda Lingua Estranxeira estamos a repasar e ampliar contidos seguindo os respectivos manuais de texto así como outros documentos con miras á preparación dos exames así como á proba de ABAU.