Tarefas realizadas co alumnado de 4º ESO e Bacharelato

4º ESO e 1º Bacharelato: 16-30 marzo

4º ESO A/B

O alumnado realizou actividades de repaso utilizando textos de Comprensión Oral e Escrita. Ao finalizar o prazo de entrega das tarefas, enviáronselles os respectivos solucionarios.

1º Bacharelato. Primeira Lingua

Dende o correo corporativo, os alumnos e alumnas recibiron actividades de reforzo das competencias de Comprensión Oral e Escrita adaptadas ao seu nivel. Logo dun prazo axeitado, fíxoselle chegar o solucionario a cada unha das actividades.

1º Bacharelato. Segunda Lingua

O correo electrónico foi a ferramenta utilizada tamén para repasar as competencias lingüísticas a traves de exercicios coas súas respectivas correccións.

2º Bacharelato: 16 de marzo-3 de abril

2º Bacharelato. Primeira Lingua

Realizáronse actividades das distintas competencias lingüísticas, encamiñadas á preparación da 3ª avaliación e aos exames da ABAU, con textos auténticos sobre temas de actualidade.

2º Bacharelato. Segunda Lingua

Con vistas aos exames da 3ª avaliación así como a dos exames da ABAU, traballáronse competencias lingüísticas a través de textos actuais