Información sobre as actividades durante a vixencia do estado de alarma polo Coronavirus para o alumnado de 1º de bacharelato

Todas as actividades do alumnado de 1º de bacharelato se levarán a cabo via correo electrónico coincidindo co horario normal de clase.  É imprescincible que o alumnado teña isto en conta, polo que ten que estar diante do seu ordenador ás horas de clase de inglés.  Disporá dos 50 minutos de cada sesión lectiva para facer as tarefas que lle enviarei no momento en que comece a clase.   Terán que devolver as tarefas realizadas antes de que rematen os 50 minutos de cada clase.  

É preciso tentar normalizar na medida do posible esta situación anómala.  A seriedade e o compromiso do alumnado é imprescindible para que estes días sexan días "lectivos", non días de vacacións.   É unha oportunidade para o alumnado de demostrar que poden traballar de maneira autónoma aproveitando doutro xeito as posibilidades das novas tecnoloxías.  Grazas polo voso esforzo.

Información para despois de Semana Santa

Rematada esta atípica Semana Santa, o estado de alarma continúa e parece que o vai facer por máis tempo.  En principio, seguiremos utilizando o correo electrónico como ata o de agora. Tamén manteremos o horario semanal de clase, cunha pequena modificación para evitar coincidir con outro profesor. É por isto que as clases de inglés serán os luns, martes e mércores ás 10:30.

Javier Martín Mosteyrín

 

MODIFICACIÓN Á PROGRAMACIÓN 1º BACH.  PREMER AQUÍ