Matemáticas

Esta é a sección de Matemáticas

Enviado por Anónimo o Mar, 21/04/2009 - 13:29

Eiquí atoparás as novas relacionadas co Departamento de Matemáticas.

Tamén poderás encontrar todos os números de HIPATIA, o Boletín de divulgación matemática do IES “Fernando Wirtz” de A Coruña

( categories: )

Traballo "¿El uso de auriculares provoca la disminución de la capacidad auditiva?"

Enviado por prof_pmxe o Mér, 06/11/2013 - 10:39

Durante o curso 2011-2012 os alumnos de 4ºESO-A Leticia Moledo Quintáns, Inés Noche Neira, Iván Enríquez Fontenla e Juan Juncal Varela elaboraron o seguinte traballo, que presentaron ao II Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

No seguinte anexo pódese consultar o traballo.

( categories: )

Datos sobre a materia de Métodos Estatísticos e Numéricos en Galicia

Enviado por prof_pmxe o Ven, 11/10/2013 - 14:37

Datos facilitados polo Departamento de Informática da Consellería de Educación a través da Secretaría Xeral Técnica

( categories: )

Mención Especial no II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para un grupo de alumnos do Instituto

Enviado por prof_pmxe o Dom, 15/07/2012 - 11:34

Ademais do premio, en Galicia e na Fase Nacional, obtido por un grupo de alumnos de Bacharelato do Instituto, o grupo de alumnos de 4º da ESO formado por Alfonso Enríquez, Diego J. Gutiérrez, Alejandro Juárez e Susana Paz, titorizado polo profesor de Matemáticas Xosé Enrique Pujales Martínez, obtivo unha Mención Especial para os traballos presentados na categoría de 3º e 4º da ESO: http://www.sgapeio.es/index.php?option=com_content&view=article&id=451:resolucion-do-ii-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos&catid=44:novas&Itemid=87

O traballo, titulado "Afecta a lúa ao crecemento das plantas?", pódese ver no seguinte anexo.

( categories: )

Alumnos de Bacharelato do IES Fernando Wirtz gañan a Fase Nacional do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Enviado por prof_pmxe o Sáb, 14/07/2012 - 11:35

O equipo de alumnos formado por Marta Barandela, Mateo Fernández, Laura García e Sabela Rey, e titorizados polo profesor de Matemáticas Xosé Enrique Pujales Martínez, despois de resultar vencedor en Galicia, na categoría de Bacharelato, no II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, polo seu traballo "Existe o cine de autor?", foi representar a Galicia os días 4 e 5 de xullo de 2012 na Fase Nacional, onde tamén resultou gañador: http://www.sgapeio.es/index.php?option=com_content&view=article&id=460:ii-fase-nacional-do-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos-&catid=44:novas&Itemid=87

No seguinte enlace, da Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO), pódese ver o documento no que se falla o premio e tamén as fotos das xornadas: http://www.eio.uva.es/incubadora2012/ 

A última versión do traballo é a que se pode consultar no anexo seguinte.

( categories: )

Resolución do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Enviado por prof_mvr o Lun, 02/07/2012 - 05:46

Enlace a páxina do SGAPEIO

Gañador na categoría de:

Bacharelato e ciclos formativos de grao medio:

- Título: Existe o cine de autor?
- Centro
: IES "Fernando Wirtz Suárez" (A Coruña).
- Titor: Enrique Pujales Martínez.
- Alumnos: Marta Barandela Álvarez, Mateo Fernández Torreiro, Laura García Rueda e Sabela Rey Cao.
Mención Especial na categoría de:

3º e 4º da ESO:

- Título: Afecta a lúa ao crecemento das plantas?
- Centro:IES "Fernando Wirtz Suárez" (A Coruña).
- Titora: Enrique Pujales Martínez.
- Alumnos: Susana Paz, Alejandro Juárez, Diego J. Gutiérrez e Alfonso Enriquez.
( categories: )

Cantas estrelas podemos ver, a simple vista, desde a nosa localidade?

Enviado por prof_pmxe o Lun, 21/11/2011 - 15:24

Un equipo de 4 alumnos de 2º de Bacharelato gañou o concurso "Incubadora de Sondaxes e experimentos" dentro da categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio, convocado por SGAPEIO durante o curso 2010-11.

Durante o Congreso de ENCIGA, celebrado do 17 ao 19 de Novembro de 2011 na Fonsagrada, presentaron unha comunicación ampliando o traballo gañador, e que achegamos como anexo

( categories: )

FACENDO CINE

Enviado por prof_mvr o Lun, 21/03/2011 - 05:31
( categories: )
Distribuir contido