Alumnos de Bacharelato do IES Fernando Wirtz gañan a Fase Nacional do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Enviado por prof_pmxe o Sáb, 14/07/2012 - 12:35

O equipo de alumnos formado por Marta Barandela, Mateo Fernández, Laura García e Sabela Rey, e titorizados polo profesor de Matemáticas Xosé Enrique Pujales Martínez, despois de resultar vencedor en Galicia, na categoría de Bacharelato, no II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, polo seu traballo "Existe o cine de autor?", foi representar a Galicia os días 4 e 5 de xullo de 2012 na Fase Nacional, onde tamén resultou gañador: http://www.sgapeio.es/index.php?option=com_content&view=article&id=460:ii-fase-nacional-do-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos-&catid=44:novas&Itemid=87

No seguinte enlace, da Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO), pódese ver o documento no que se falla o premio e tamén as fotos das xornadas: http://www.eio.uva.es/incubadora2012/ 

A última versión do traballo é a que se pode consultar no anexo seguinte.

AdxuntoTamaño
Traballo gañador Bacharelato fase nacional (en galego).pdf1.89 MB
( categories: )