Teléfono 881930387 Código do centro: 15027216 ies.fernando.esquio@edu.xunta.es
Secretaría
Novo teléfono do centro
O centro ten novo subministrador de telefonía e novo número, o 881930387
Axudas material escolar
A Consellería convoca novas axudas para material escolar destinadas ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable. O prazo de presentación de solicitudes será ata o día 21 de novembro de 2015.
NON PODERÁN SOLICITAR ESTAS AXUDAS OS ALUMNOS QUE XA AS TIVERON NA ANTERIOR CONVOCATORIA
ABALAR MÓBIL
Estamos a poñer en marcha no centro a aplicación Abalarmóbil que se pode atopar en Google Play ou na App Store.
Calendario curso 2015-16
O curso empezará o vindeiro día 15 coas presentacións e ao día seguinte empezan as clases.
As vacacións de Nadal serán do 19 de decembro ao 6 de xaneiro e as de Semana Santa do 19 ao 28 de marzo.
No documento adxunto tedes o calendario completo do curso coas datas de avaliación e os festivos.
Bo comezo de curso a toda a comunidade escolar.
Bolsas alumnado bacharelato
Resolución de 30 de xullo de 2015, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2015-2016, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Calendario matrícula curso 2015-16
Todos os alumnos terán que formalizar a matrícula, ainda que teñan exames en setembro.
As datas son as seguintes:
- ESO: 1 e 2 de xullo
- Bac: 3 e 6 de xullo
Horario de matrícula: 9:30 a 13:30
Listado definitivo admitidos
Dacordo coa normativa vixente, publícanse as listaxes definitivas de admisións de novo alumnado para o vindeiro curso.
Podedes comprobalas nos documentos adxuntos.
Calendario fin de curso 2014-15
Xa está aprobada a programación de fin de curso.
Resumindo sería:
Aviso: O sete de abril non hai clase
O Consello Escolar do centro escolleu o sete de abril como día non lectivo polo que as actividades docentes se reanudarán o día oito. Para cualquera incidencia chamar ao tfno 981391080 ou enviar un correo electrónico a ies.fernando.esquio@edu.xunta.es.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »
