INFORMACIÓN NADAL 2018

Pola presente informámoslles que o venres día 21 de decembro farase entrega dos boletíns de notas correspondentes á 1ª avaliación. As clases reiniciaranse o 8 de xaneiro.

Pasou un ana e xa está aquí un novo Nadal que dará comenzo a un ano 2019 que agardamos este cheo de sentimentos de amor e solidariedade, convidámosvos a colaborar con nós en seguir a traballar xuntos para crear un ambiente de paz, harmonía e posibilitar aos nosos/as alumnos/as e fillos/as unha boa educación.

Dende o IES Fernando Esquío queremos enviarlles un forte abrazo para un 2019 cheo de felicidade e alegría.

A comunidade Educativa do IES Fernando Esquío deséxalles Bo Nadal.