Charla a Ponte: A biodiversidade e a súa conservación

Galería de fotos 

O pasado mércores a profesora do departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física na Facultade de Veterinaria en Lugo, Teresa Rodríguez López, falounos de Biodiversidade e Conservación da importancia dos pequenos actos, de qué xeito todo o que facemos está interrelacionado e cómo algo que pensamos sen relevancia pode interferir no noso entorno e logo afectar dun xeito impensable á natureza que nos rodea. 

Moitas grazas á profesora pola súa charla e a A Ponte por proporcionarnos a posibilidade de achegarnos aos proxectos que se están a facer na universidade.