Semana da Ciencia, charla "La luz crepuscular poco es de fiar"

 

O 13 de novembro o alumnado de IES Fernando Esquío asistiu á charla "Luz crepuscular poco es de fiar" impartida no Pazo da Cultura de Narón polo profesor Javier Mas da Facultade de Física da USC.

Javier Mas comezou por explicar fenómenos ópticos que podemos apreciar na atmosfera como os espellismos, o raio verde ou os cans solares. Estes fenómenos están relacionados coa refracción que provoca que os raios de luz sufran desviacións antes de incidir nos nosos ollos e coa difracción da luz.

A partir destes fenómenos o profesor Javier Mas introduciunos nos fenómenos ópticos  relacionados cos cambios xeométricos do espazo, é dicir, nos fenómenos ópticos observados no espazo exterior. Así arrincamos unha viaxe cara aos buracos negros, observando os fenómenos provocados pola desviación dos raios de luz debida á gran deformación do espazo que produce un buraco negro. Fenómenos como o horizonte de eventos, a sombra do horizonte dun burato negro, o anel de Einstein e os espellismos.