O Concello de Neda reabre o prazo de solicitudes para acceder ás axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar

O Concello de Neda reabre do 10 ao 20 de setembro o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar cara ao curso académico 2017/2018. A administración local volve a poñer máis recursos públicos a disposición das familias con menos poder adquisitivo para tratar de rebaixar a carga económica que supón o inicio do curso escolar. Poden solicitar estas axudas os alumnos matriculados en centros docentes sostidos con fondos públicos, desde Educación Infantil (reglada e non reglada) ata Primaria, Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional. Seguir lendo