2 de Maio: Día contra o acoso escolar

Aínda que onte estivemos de ponte non queremos deixar pasar a declaración institucional do Valedor do Pobo de Galicia sobre o acoso escolar, un problema de todos e que nos estamos intentando reconducir grazas ao Programa TEI (Tratamento entre Iguais).

"O acoso escolar segue a ser unha cuestión que merece a atención de toda a sociedade.

A posta en marcha de medidas de detección, prevención e tratamento do acoso escolar nos centros educativos; así como das campañas de sensibilización e a crueza coa que as vítimas relatan as súas experiencias non conseguiron pór freo a esta realidade.

Neste 2 de maio, día internacional contra o acoso escolar, lembramos que moitas situacións que chega a coñecer o Valedor do Pobo non poden nin deben ser toleradas no sistema educativo. Percibimos que os esforzos se centran excesivamente en tipificar a conduta, sen prestar a suficiente atención ao sufrimento da vítima.

O Valedor do Pobo da trámite a multitude de queixas cada ano en relación a esta problemática. Diferentes membros da comunidade escolar nos trasladan a incidencia destes problemas especialmente en Secundaria e,  de xeito máis alarmante, na etapa de Primaria."...

Seguir lendo desde a web institucional.