Programa de Divulgación en Doazón de transplantes

Onte 6 de Febreiro de 9:00 a 11:00, o alumnado de 3° e 4° de ESO do noso centro recibiu unha charla a cargo de Alejandro Montero Salinas, coordinador de trasplantes do Sergas, sobre a importancia e beneficios como usuarios do noso sistema sanitario de ser doantes de órganos na primeira parte, na que se aclarou a diferencia entre parada cardíaca (reversible) e morte cerebral (irreversible).

Na segunda parte, menos teórica, simularonse con tres monecos os pasos a seguir ante unha parada cardiopulmonar na que participaron a maioría do alumnado. Finalmente, contestaron unha enquisa  que recolleron xunto a unha previa que fixeron previamente a charla.

Resultou amena, asi como instructiva e necesaria.

Se queredes ver o resto de fotos premede na da portada para acceder á galería.