Axudas para a realización de actividades de formación en Linguas Estranxeiras no 2017

 

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa.
- Lémbrase a necesidade de achegar, xunto coa documentación, a fotocopia de todas as páxinas cubertas do libro de familia ou, de non dispor deste, da documentación que xustifique o número total de membros da unidade familiar.
- Indícase a importancia de facilitar, alomenos, un teléfono de contacto, procurando cubrir todas informacións indicadas na solicitude en letra lexible.