Skip to Content

Charla de D.Virgilio García Trabazo sobre as Linguas Indoeuropeas

 Para ver a presentación premer na imaxe

O pasado venres 27 de xaneiro, dentro do marco do programa “A Ponte” da USC, contamos coa presenza no noso IES de José Virgilio García Trabazo, profesor titular de lingüística indoeuropea na universidade de Santiago.

O profesor García Trabazo comezou por presentar as diferentes linguas que compoñen a familia indoeuropea, desde a India ao norte de Europa, mediante mapas de situación e fotografías con imaxes dos distintos tipos de escritura das diferentes linguas da familia indoeuropea. A continuación centrouse no verdadeiro obxecto da charla, ofrecernos una breve introdución aos métodos de traballo da lingüística indoeuropea e a súa relación cos métodos do que o vulgo entende por “ciencias puras”. Para elo, presentounos distintas comparacións entre palabras de linguas moi distantes, espacial e temporalmente, e os métodos que nos levarían a reconstrución indoeuropea, de maneira que todos puidemos “reconstruír” en directo algunhas raíces indoeuropeas. Finalmente analizou a orixe semántica de diversas palabras proveniente do indoeuropeo e as curiosidades da súa evolución ás linguas actuais.

Tras un vivo coloquio, no que os alumnos preguntaron sobre todo polas linguas non descifradas e os métodos usado para descifrar linguas e escrituras, Virgilio García Trabazo foi despedido con unha gran ovación polo alumnado de 1º de bacharelato presenta na charla e o noso agradecemento por una exposición amena e moi instrutiva dun tema moi complexo e pouco coñecido polo público en xeral.

 



blog | by Dr. Radut