Examen du DELF

La Consellería de Cultura acaba de publicar este circular  para facilitar el acceso al examen del DELF para todo el alumnado gallego.

 Que é o DELF escolar?

 Os diplomas DELF (Diplôme d’Études en Langue Française2 ) son os diplomas oficiais de lingua francesa expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e recoñecidos internacionalmente por 174 países. A súa validez é indefinida.

No ámbito académico, favorecen a mobilidade estudiantil internacional ao certificar o coñecemento en lingua francesa:

O nivel B1 é obrigatorio en España para obter o grao universitario.

O DELF B2 constitúe un acceso directo ás universidades francesas e permite obter unha bolsa Erasmus.

O DELF consta de 4 diplomas independentes entre si correspondentes aos niveis A1, A2, B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). As probas para a obtención do DELF escolar son probas adaptadas ao alumnado adolescente e teñen a mesma validez oficial que o DELF escolar para persoas adultas. Cada diploma avalía as 4 destrezas lingüísticas: comprensión e expresión escritas e comprensión e expresión orais. As notas das mesmas son compensatorias entre si, sendo a nota mínima esixible en cada unha das destrezas de 5/25. A nota media para a obtención do diploma é de 50 puntos sobre 100.