Libros texto: Convocatoria axudas e participación fondo solidario.

ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17. 

Para os trámites a Consellería creou á aplicación fondolibros que xestiona o fondo solidario e as axudas para adquisición libros.

En todo caso, hai que ter en conta o seguinte:

  • Os vales para libros están destinados para o alumnado de 2º e 4º da ESO; no caso de renda per cápita menor de 5.400 €, corresponderían 180 € e se a renda está entre 5.400 e 9.000 €, corresponderían 104 €. 
  • Os vales para material son para toda a ESO, e corresponderían 50 €, pero só a quen teña renda per cápita menor de 5.400 €. 
  • O fondo solidario de libros de texto consiste nun reparto das existencias de libros do centro, entre o alumnado de 1º e 3º da ESO, en orde inversa aos ingresos. 
  • Todo o alumnado de 1º e 3º da ESO pode participar no fondo solidario, independentemente dos ingresos, para así poder entrar no reparto dos libros existentes no centro. Ademais, recordar que é obrigatorio que o alumno devolva en bo estado os libros que adquiriu co vale do curso anterior ou os que lle correspondesen do banco solidario. En caso contrario, quedará excluído da convocatoria do vindeiro curso 2016/2017. 
  • Só será necesario presentar unha única solicitude por familia (e non unha por cada fillo, como se facía en anos anteriores). 
  • O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula. 
  • O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 23 de xuño para todos os alumnos, independentemente de que teñan materias suspensas para setembro.


A dirección.

AdxuntoTamaño
Circular axudas libros81.49 KB