Skip to Content

Blogues

2ºESO Fondo solidario de libros de texto

xoves 28 de setembro  de 15h a 18h comezará o reparto de libros do fondo solidario para 2º da ESO. Os libros terán que ser recollidos por nai/pai/titor-a legal presentando o DNI. Non se poderán entregar os libros sen o DNI nin fóra deste horario. Grazas pola súa colaboración.

Departamento de L Inglesa: Programacións 2023/24

En vindeiras datas incluiremos as programacións dos cursos pares seguindo a LOMLOE.

4ºESO Fondo Solidario do libros de texto

O xoves 21 de setembro  de 17h a 20h comezará o reparto de libros do fondo solidario para 4º da ESO. Os libros terán que ser recollidos por nai/pai/titor-a legal presentando o DNI. Non se poderán entregar os libros sen o DNI nin fóra deste horario. Grazas pola súa colaboración.

 

3º ESO Fondo solidario de libros de texto

O mércores 13 de setembro de 17h a 20h comezará o reparto de libros do fondo solidario para 3º da ESO.

1ºESO Fondo solidario de libros de texto

Hoxe luns 11 de setembro e o mércores 13 de setembro de 17h a 20h comezará o reparto de libros do fondo solidario para 1º da ESO. Os libros terán que ser recollidos por nai/pai/titor-a legal presentando o DNI. Non se poderán entregar os libros sen o DNI nin fóra deste horario. Grazas pola súa colaboración.

Inicio de curso 2023/24

Estimada comunidade educativa:  O luns día 11 de setembro o alumnado do IES Fernando Esquío empeza o curso escolar con horario completo de 8:30 a 14:10.

Ás 8:30 as persoas titoras de cada grupo darán a benvida ao alumnado e farán unha presentación na que se informará do horario, das normas do centro, etc.

Despois contuarán as clases de xeito ordinario ate as 14:10.

 

Fondo de libros e vales de material

A adxudicación definitiva do Fondo Solidario de Libros co listado de libros que corresponde a cada persoa está publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

As familias que teñan dereito a vale de material poderán vir recollelo entre o xoves 20 e o 28 de xullo ou a partir de setembro.

Os vales entregaranse unicamente á persoa solicitante acreditando a súa identidade co dni ou documento equivalente.  

 

Atención durante o verán:

O horario de apertura en xullo será de 9h30 a 13h30 

(agás o 24 e 25 de xullo que o centro non estará aberto)

 

Entre o 31 de xullo e o 31 de agosto a atención será telefónica 

(no número habitual do centro: 881930387) de 9h30 a 13h30. 

Tamén poden realizar as súas consultas a través do correo electrónico ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal

Prazo ordinario de matrícula para ESO e Bacharelato para o curso 2023-2024

Achégase as datas e horario do prazo ordinario de matrícula.

Distribuir contido


by Dr. Radut