Skip to Content

Premios a proxectos de innovación na FP

Os departamentos de Electricidade e electrónica e de Instalación e mantemento do Fernando Blanco, foron premiados polos seus proxectos presentados á convocatoria 2021 de innovación na FP.

O departamento de Electricidade e electrónica foi premiado polo seu proxecto Técnicas de intelixencia artificial para a resolución de problemas. Este departamento ademais colaborou co IES Punta Candieira de Cedeira no proxecto Adestrador modular avanzado para a industria 4.0 que tamén foi premiado.

Tamén foi premiado o proxecto Sistema de diagnose mediante parametrización de sensores en máquina de peche presentado polo departamento de Instalación e mantemento. Este proxecto faise coa colaboración das empresas Industrias Cerdeimar, GSI Dotación Industrial e Técnicas de Soft.

Parabéns!! 

Alumnado e profesorado do departamento de instalación e mantemento Alumnado e profesorado do departamento de electricidade e electrónica

 



page | by Dr. Radut