Educación de Persoas Adultas (EPA)

Gratuíta e de calidade, no IES de Fene, a educación de adultos asegura e garante que as persoas adultas poidan adquirir, actualizar, completar ou amplia-los seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional.
A través das ensinanzas de adultos pode:

• Adaptarse mellor ás esixencias do seu posto de traballo.
• Mellora-la cualificación persoal na súa actividade laboral.
• Acceder a outras titulacións ou cursos de formación ocupacional ou profesional.
• Adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para a mellor adaptación ós cambios.
• Unha mellor satisfacción e seguridade no medio persoal e profesional.
• Resolver problemas ou necesidades na vida social.

No IES de Fene pode seguir estas ensinanzas na modalidade presencial que se caracteriza pola asistencia continuada dos alumnos ó centro para realizar as actividades previstas nos correspondentes programas.

                     

Destinatarios

Poderán cursar ensinanzas de Educación de Adultos todas aquelas persoas maiores de 18 anos, especialmente persoas carentes de titulación básica, desempregados, mozos e mozas e traballadores. Nalgunhas ensinanzas autorízase a inscrición de alumnos menores de 18 anos que, por causas xustificadas, non poden seguir estudios equivalentes en centros ordinarios.

Nivel III, ou educación secundaria para persoas adultas (ESPA)

Destinatarios: tódalas persoas adultas maiores de 18 anos, sen ningunha titulación, que desexen obte-lo título de graduado en educación secundaria.

As persoas adultas poderán permanecer cursando as ensinanzas básicas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise para a adquisición dos coñecementos establecidos.