3º ESO

OBRADOIRO DE XOGOS TRADICIONAIS

Durante as sesións de tarde dos días 14 e 21 de maio os membros da Asociación de Xogos Tradicionais de Santiago de Compostela organizaron no patio do noso instituto un obradoiro de xogos tradicionais no que os rapaces de 3º da ESO e de PCPI puideron aprender e practicar a billarda, os bolos celtas, a comba, a petanca ou a chave.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

TERRAS DE ACOLÁ

Un ano máis os rapaces de 3º da ESO tiveron a oportunidade de asistir a unha charla-coloquio con Luis Menéndez, creador da serie documental "Terras de Acolá", sobre as terras da Lusofonía. Esta actividade completouse cunha exposición sobre estes países, no corredor de entrada ao instituto.

Artigo sobre Luis Menéndez no blog do EDLG Bico da Ría: http://www.bicodaria.com/spip.php?article934

Imaxes da charla:http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?album=100

Imaxes da exposción: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

LIBRO FORUM CON BELÉN ORO "POMELO Y LIMÓN"

O día 28 de febreiro, a escritora Belén Oro visitou o noso centro para conversar co alumnado de 3º da ESO sobre a súa obra "Pomelo y limón". Esta foi unha actividade organizada polo Dpto. de Lingua e Literatura Españolas.

ESTADÍA EN POLONIA

Os rapaces de 3º da ESO tiveron a oportunidade de aprender máis sobre Polonia grazas á súa compañeira Sarela Betanzos Freire, de 3º D. O día 26 de xaneiro na Biblioteca explicoulles aos seus compañeiros de 3º A e B como foi a súa estadía en Polonia coa axuda dun powerpoint e respondeu ás súas preguntas e curiosidades. O día 2 de febreiro foron os alumnos de 3º da ESO C e E os que asistiron a esta actividade. Gracias Sarela!

OBRADOIRO PRESIÓN DO GRUPO

No mes de abril os rapaces de 3º da ESO participaron no Obradoiro de intervención fronta á presión do grupo, organizado polo Dpto. de Orientación. Esta actividade, a cargo da Unidade de prevención de drogas dos Concellos de Rianxo e Boiro, ten como obxectivo fomentar a autonomía persoal e habilidades que permitan evitar a imposición de creenzas e condutas, a agresividade, o illamento...

SAÍDA AO AUDITORIO DE GALICIA (DEPARTAMENTO DE MÚSICA)

O día 20 de xaneiro os alumnos de 3º da ESO irán ao Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, nunha saída organizada polo Departamento de Música. Alí participarán nas seguintes actividades:

  • Concerto didáctico "En torno a Bach", a cargo da Real Filarmonía de Galicia, entre as 11:00 e as 12:00.
  • Visita guiada á exposición de fotografía "Korda: coñecido, descoñecido", de 12:00 a 13:00.

A saída do instituto será ás 9:20, e a chegada ás 14:00.

Distribuir contido

DOCUMENTOS DO CENTRO

TIL

Plurilingüismo

  •  CADERNO DE COMUNICACIÓN

Violencias de Xénero (25N)

Eventos

« Marzo 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Erasmus+

felixmuriel.erasmusplus@gmail.com

ERASMUS+FELIXMURIEL(TWITTER)

erasmusplusfelixmuriel (INSTAGRAM)

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA FCT ... (CONSULTA)

E PUNTUACIÓNS...(CONSULTA)

 

SCRIPTA MANENT

ENDL (Norm. lingüística)

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.

TITORÍA ENTRE IGUAIS

RIANXO RADIO

REMEMBERING CANADA