Curuxas, o guerrilleiro que non cazou Franco

CHARLA CON CARLOS PARRADO, AUTOR DE "CURUXÁS, O GUERRILLEIRO QUE NON CAZOU FRANCO"

O luns 28 de maio visitou o noso instituto Carlos Parrado, autor do libro "Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco". Tras un pequeno documental sobre a guerrilla antifranquista, Carlos explicoulles a formación e vida de Ramón Rodríguez Varela, "Curuxás", aos rapaces do club de lectura de 3º ESO, ao alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacharelato e aos rapaces de Humanidades de 2º Bacharelato. Trala charla houbo un coloquio co autor.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

Ficha do libro: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/category/22/178

Información sobre o libro

Título: Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco.

Autor: Carlos Parrado

Ano de publicación: 2009.

A obra: Curuxás foi o único fuxido -despois guerrilleiro e logo de novo fuxido- que non se exiliou, nin se entregou, nin o prenderon nin o mataron en trinta e un anos, desde o 1936 ata o 1967, que faleceu por enfermidade. Carlos Parrado tiña 19 anos cando Curuxás morreu. "A noticia correu na Terra de Melide e a Ulloa. Tres amigos e eu alugamos un taxi e fomos ver o cadáver: era impresionante", lembra. Nas súas propias palabras, é importante lembrar a Curuxas porque "os guerrilleiros, aínda hoxe que se está iniciando a recuperación da historia do movemento guerrilleiro, están moi pouco considerados, malia que foron moito tempo o único facho de liberdade fronte ao fascismo do réxime de Franco". 

Máis información:

Artigo da Wikipedia sobre os maquis (guerrilleiros anti-franquistas):http://gl.wikipedia.org/wiki/Maquis_%28guerrilla_antifranquista%29

Entrada de blog sobre Foucellas: http://paisajesdelaguerrilla.blogspot.com.es/2010/04/galicia-vida-y-muerte-de-foucellas.html

Blog adicado a recuperar a memoria da guerrilla antifranquista: http://guerrilla-maquis.blogspot.com.es/

Artigo do xornal El Mundo sobre a guerrilla antifranquista en Galicia: http://www.elmundo.es/elmundo/2011/04/10/galicia/1302457086.html

Artigo de Galicia Hoxe adicado a Curuxas a propósito da presentación do libro de Carlos Parrado: http://www.galiciahoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=403144

Vídeo sobre Curuxas a propósito da presentación do libro en Toques: http://www.youtube.com/watch?v=pVQOzvsk2SE

Documental sobre o movemento guerrilleiro en Galicia: http://vimeo.com/35834751

Documental "El movimiento guerrillero en España" (son 10 partes ata completar o documental): http://www.youtube.com/watch?v=2U1Xut8Yfs0

Distribuir contido

DOCUMENTOS DO CENTRO

TIL

Plurilingüismo

  •  CADERNO DE COMUNICACIÓN

Violencias de Xénero (25N)

Eventos

« Febreiro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728

Erasmus+

felixmuriel.erasmusplus@gmail.com

ERASMUS+FELIXMURIEL(TWITTER)

erasmusplusfelixmuriel (INSTAGRAM)

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA FCT ... (CONSULTA)

E PUNTUACIÓNS...(CONSULTA)

 

SCRIPTA MANENT

ENDL (Norm. lingüística)

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.

TITORÍA ENTRE IGUAIS

RIANXO RADIO

REMEMBERING CANADA