Bala perdida

Información sobre o libro

Título: Bala perdida.

Autor: Manuel Rivas .

Ilustrador: Miguelanxo Prado.

Editorial: Edicións Obradoiro.

Resumo: Bala Perdida é un vello pirata dos últimos que navegan polo Atlántico europeo e Rosa Ribeiro é unha xornalista moi nova e valente que dirixe o Celtic News, un xornal moi peculiar. Cando escribe utiliza o pseudónimo Ganso Salvaxe. Bala Perdida coñece a Ganso Salvaxe e amósalle o tesouro maldito gardado nunha grandiosa cova mariña. Aquel tesouro era parte da riqueza roubada polos nazis a prisioneiros internados nos campos de concentración.
Pero non era un tesouro como os demais, senón que procedía de fundir os dentes e as moas de ouro arrincados aos miles de prisioneiros xudeus asasinados con gas e logo queimados nos fornos do campo de concentración. Antes de terminar a guerra esta parte do botín nazi foi cargada nun submarino e levada a un lugar de África. Alí permaneceu oculta ata que o malvado Herr Doktor, único sobrevivente coñecedor do segredo, volveu para recuperar o tesouro.
Bala Perdida quere atopar aos descendentes das vítimas e devolverlles o ouro maldito. Para iso necesita que Rosa conte a historia de tesouro no seu xornal. E así o fai a moza. Ao decatarse o malvado Herr Doktor, Rosa é secuestrada e a punto está de morrer nun manicomio. Menos mal que Bala Perdida e os seus homes non están dispostos a consentilo.

Máis información:

Artigo da Galipedia sobre Manuel Rivas: http://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Rivas

Entrevista a Manuel Rivas en La2: http://www.rtve.es/alacarta/videos/la-entrevista/entrevista-manuel-rivas...

Distribuir contido

DOCUMENTOS DO CENTRO

TIL

Plurilingüismo

  •  CADERNO DE COMUNICACIÓN

Violencias de Xénero (25N)

Eventos

« Septembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Erasmus+

felixmuriel.erasmusplus@gmail.com

ERASMUS+FELIXMURIEL(TWITTER)

erasmusplusfelixmuriel (INSTAGRAM)

CONVOCATORIA FCT 2019-2020 ...

BASES MOVILIDADE (consulta)

CONVOCATORIA 19-2(consulta)

SOLICITUDE  (consulta)

CONVOCATORIA ENTREVISTA PERSOAL (consulta)

 

 

SCRIPTA MANENT

ENDL (Norm. lingüística)

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 10 invitados conectados.

TITORÍA ENTRE IGUAIS

RIANXO RADIO

REMEMBERING CANADA