Escolares

ENTROIDO 2011

Este Entroido no Félix Muriel vivimos nas películas: Casablanca, Pesadelo antes do Nadal e Celda 211 invadiron o noso centro. Berlusconi e Julian Assange foron sometidos a un xuizo sumarísimo nun tribunal no que se demostrou a existencia demostrou a existencia de vida alieníxena. Temos probas!



sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

O INGLÉS NAS ANTÍPODAS (DEPARTAMENTO DE INGLÉS)

O 22 de marzo tivo lugar no Salón de Actos a charla "O inglés nas Antípodas", a cargo de Robin Walker. Asistiron os alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Inglés. FOTOS

SAÍDA AO AUDITORIO DE GALICIA (DEPARTAMENTO DE MÚSICA)

                                                


O día 17 de marzo os alumnos de 3º da ESO (grupos C e D) e 4º da ESO (grupos B e C) foron ao Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, nunha saída organizada polo Departamento de Música. Alí participaron nas seguintes actividades:


  • Concerto didáctico "En torno a Bach", a cargo da Real Filarmonía de Galicia.

  • Visita guiada á exposición de fotografía "Korda: coñecido, descoñecido".

  • SEMANA DAS CURTAS (28 de febreiro-3 de marzo)


    Do 28 febreiro ao 3 de marzo acollemos no noso centro"A Semana das Curtas", unha actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Audiovisual de Vigo, en colaboración coa Coordinadora Galega de ENDL.

    DOAZÓN DE SANGUE


    O xoves 17 de febreiro recibimos a Pilar Sobrino Butragueño, do Centro de Tranfusión de Galicia. Falounos da importancia de doar sangue e do proceso que se segue para a súa utilización nos centros hospitalarios. Picade aquí para enlazar coa páxina web do Centro de Transfusións de Galicia, onde atoparedes máis información e o calendario de desprazamentos da unidade móbil.

    VISITA Á FÁBRICA DE CITROEN EN VIGO

    O venres 25 de febreiro os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato realizarán unha saída a Vigo para coñecer a fábrica da empresa Citroen, acompañados polos profesores Perfecto Domínguez e Pilar Pérez. Esta saída está organizada polos Departamentos de Tecnoloxía e Economía.

    Os rapaces sairán do instituto ás 8:30 e chegarán ás 14:00.

    VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA (Departamento de Física e Química)

    O 28 de febreiro os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato realizarán unha saída a Santiago de Compostela organizada polo Departamento de Física e Química. Alí tomarán parte nas seguintes actividades:

    • Visita guiada á Cidade da Cultura, de 9:30 a 11:00.
    • A partir das 11:30, asistencia á charla "Estudio de micropartículas e a orixe do Universo" na Facultade de Física da USC. Visita guiada aos laboratorios de Física Médica.

    Os rapaces sairán do instituto ás 8:30 da mañá e regresarán ao centro ás 14:10.

    PROXECTO ANOCA (APRENDER NO CÁRCERE)


    O profesorado do EPAPU de Teixeiro desenvolve o proxecto Aprender no Cárcere para crear unha vía de comunicación e colaboración entre os intern@s da súa escola e os adolescentes dos centros de secundaria da nosa Comunidade. Ten como obxectivos achegar os adolescentes ao mundo dos internos para evitar que comentan os mesmos erros e, ao mesmo tempo, potenciar as dinámicas de reeducación e reinserción dos alumnos do EPAPU, mediante o contacto coa realidade dos adolescentes e a creación de estratexias de axuda mutua.


    Dado o éxito colleitado noutros centros educativos durante o curso pasado, o noso centro decidiu sumarse a esta iniciativa durante o presente curso. O día 8 de febreiro membros do profesorado do EPAPU de Teixeiro, acompañados por internos previamente validados polo Centro Penitenciario, darán unha charla-coloquio dirixida aos alumnos de 3º da ESO A e C, 4º da ESO A e C e PCPI, a partir das 12:30, no Salón de Actos.


    DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA


    Para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia, o luns 31 de xaneiro virá ao noso centro María José Escurís Reinoso, da Asociación Galega de Amigos do Pobo Saharaui. Falaralle aos alumnos de 1º ciclo da ESO da situación do Sáhara occidental para explicarlles a importancia do respecto aos dereitos humanos.


    As charlas terán lugar de 16:20 a 17:10, para os alumnos de 1º da ESO, e de 17:10 a 18:00 para os alumnos de 2º da ESO.


    MAGOSTO 2010

    Coa colaboración da ANPA, o día 5 de novembro celebramos un magosto no patio do instituto no que participaron os alumnos de 1º e 2º da ESO. Houbo castañas asadas e tamén xogos populares. Picade na foto para ver o resto das imaxes.

    Distribuir contido

    DOCUMENTOS DO CENTRO

    TIL

    Plurilingüismo

    •  CADERNO DE COMUNICACIÓN

    Violencias de Xénero (25N)

    Eventos

    « Novembro 2019 »
    LunMarMérXovVenSábDom
    123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    252627282930

    Erasmus+

    felixmuriel.erasmusplus@gmail.com

    ERASMUS+FELIXMURIEL(TWITTER)

    erasmusplusfelixmuriel (INSTAGRAM)

    CONVOCATORIA FCT 2019-2020 ...

    BASES MOVILIDADE (consulta)

    CONVOCATORIA 19-2(consulta)

    SOLICITUDE  (consulta)

    CONVOCATORIA ENTREVISTA PERSOAL (consulta)

     

     

    SCRIPTA MANENT

    ENDL (Norm. lingüística)

    Usuarios conectados

    Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.

    TITORÍA ENTRE IGUAIS

    RIANXO RADIO

    REMEMBERING CANADA