Escolares

CONTACONTOS EN INGLÉS E GALEGO

Na tarde do 16 de xaneiro, estiveron na biblioteca Tim Bowley e Charo Pita, para contarlles aos rapaces de 4º da ESO e 1º de Bacharelato contos de todo o mundo en inglés e galego.

CHARLA "AS SIMPLIFICACIÓNS SOBRE A LINGUA GALEGA" A CARGO DE M. NÚÑEZ SINGALA

Manuel Núñez Singala estivo cos alumnos de 3º da ESO (grupos B, C e D) e de 4º da ESO (grupos B e C) para falarlles das simplificacións e estereotipos que existen sobre a lingua galega.

CONCURSO DE LECTURA, RECITADO E CONTACONTOS DE TEXTOS DE CUNQUEIRO-ENTREGA DE PREMIOS

O 11 de xaneiro na Biblioteca, durante o 2º recreo, farase a entrega de premios aos gañadores do concurso de lectura en alto, recitado e contacontos de textos de Álvaro Cunqueiro. Asimesmo proxectarase o anaco do programa da TVG "A revista" no que sae esta actividade.

EXPOSICIÓN MULLERES E MATEMÁTICAS

Desde o mes de xaneiro, temos expostos no corredor da planta baixa do edificio anexo os traballos realizados polos alumnos do profesor Lobato sobre a aportación das mulleres ao campo das matemáticas.

MAXIA DE FIN DE TRIMESTRE

Como parte das actividades de fin de trimestre, o 21 de decembro actuou no noso centro o famosísimo mago rianxeiro Alán Golías e deixounos a todos abraiados cos seus trucos e xogos de mans.

SEMANA DO COMERCIO XUSTO

Como xa ven sendo habitual, na semana anterior ás vacacións de Nadal celebramos a Semana do Comercio Xusto coa colaboración da Asociación Panxea de Santiago de Compostela. Os nosos alumnos coñeceron outras formas de consumo e de produción a través dunha serie de actividades:

- Posto de venda de produtos de comercio xusto de distinto tipo: alimentos, agasallos, libros, etc, xestionado polos alumnos.

- Exposición de carteis sobre a produción e comercialización do café na entrada do centro.

- Obradoiros acerca do comercio xusto, o consumo responsable e o aforro enerxético a cargo de membros da Asociación Panxea para os alumnos de 4º da ESO.

CONCURSO DE LECTURA, RECITADO E CONTACONTOS DE TEXTOS DE CUNQUEIRO

Entre o 24 de outubro e o 3 de novembro tivo lugar na biblioteca un concurso de lectura en alto, recitado de poemas e contacontos de obras de Álvaro Cunqueiro, organizado polo EDLG. Esta actividade celebrouse nos recreos e contou coa participación do alumnado, profesorado e outros membros da comunidade educativa.

ACTIVIDADES FINAL DE TRIMESTRE

O día 21, derradeiro día lectivo do primeiro trimestre, desenvolveranse as seguintes actividades en horario adaptado:


       - Chegada do autobuses ás 11:30h. Pasarán media hora antes polas paradas habituais.


       - Entrega de cualificacións e espectáculo de maxia a cargo do mago Alán Golias. Esta actividade está sufragada pola ANPA.


       - Saída dos autobuses ás 14:00h. O período de vacacións de Nadal comprende ata o día 8 de xaneiro inclusive.

ANO INTERNACIONAL DA QUÍMICA

Para conmemorar o Ano Internacional da Química, o Dpto. de Física e Química organizou unha serie de actividades que nos acheguen a esta disciplina:

  • Exposición de carteis "Entre moléculas", elaborados polo CSIC. FOTOS.
  • Lecturas recomendadas sobre a química, nun dos puntos de lectura da biblioteca. FOTOS.

CHARLA CON MANUEL NÚÑEZ SINGALA (SERVIZO NORMALIZACIÓN USC)


O luns 4 de abril visitounos Manuel Núnez Singala, director do Servizo de Normalización Lingüística da USC. Falounos dos prexuizos, do doado que é caer neles e de como afectan ás nosas actitudes cada a lingua. FOTOS

Distribuir contido

DOCUMENTOS DO CENTRO

TIL

Plurilingüismo

  •  CADERNO DE COMUNICACIÓN

Violencias de Xénero (25N)

Eventos

« Novembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Erasmus+

felixmuriel.erasmusplus@gmail.com

ERASMUS+FELIXMURIEL(TWITTER)

erasmusplusfelixmuriel (INSTAGRAM)

CONVOCATORIA FCT 2019-2020 ...

BASES MOVILIDADE (consulta)

CONVOCATORIA 19-2(consulta)

SOLICITUDE  (consulta)

CONVOCATORIA ENTREVISTA PERSOAL (consulta)

 

 

SCRIPTA MANENT

ENDL (Norm. lingüística)

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 11 invitados conectados.

TITORÍA ENTRE IGUAIS

RIANXO RADIO

REMEMBERING CANADA