Escolares

PROXECTO ANOCA

Un ano máis visitounos o proxecto ANOCA ou Aprender no Cárcere, programa que vén desenvolvendo o profesorado do EPAPU de Teixeiro para crear unha vía de comunicación e colaboración entre os intern@s da súa escola e os adolescentes dos centros de secundaria da nosa Comunidade. Ten como obxectivos achegar os adolescentes ao mundo dos internos para evitar que comentan os mesmos erros e, ao mesmo tempo, potenciar as dinámicas de reeducación e reinserción dos alumnos do EPAPU, mediante o contacto coa realidade dos adolescentes e a creación de estratexias de axuda mutua.

O día 24 de abril membros do profesorado do EPAPU de Teixeiro, acompañados por internos previamente validados polo Centro Penitenciario, deron unha charla-coloquio dirixida aos alumnos de 3º da ESO e PCPI.

"OS MOTORES DE EXPLOSICÓN", SOCORRO CASTRO, PROFESORA DA UDC

O 12 de abril recibimos á profesora da UDC, Socorro Castro. Faloulle ao alumnado de PDC e de Ciencias de 1º e 2º de Bacharelato sobre os motores de hidróxeno como opción non contaminante e ecolóxica para o transporte. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto do EDLG "En galego en tódolos ámbitos".

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

Artigo no blog Bico da Ría: http://www.bicodaria.com/spip.php?article936

OBRADOIROS DE GRAFFITI, MÚSICA RAP E BREAK DANCE

O EDLG en colaboración cos Dptos. de Música e Plástica organizou o 28 de marzo Obradoiros de música rap, graffiti e break dance nos que participaron os rapaces de 3º da ESO e máis o alumnado colaborador do EDLG. Cada rapaz participou no obradoiro da súa escolla.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O alumnado Educación Física realizou uns interesantes traballlos sobre alimentación e saúde e alimentos do mundo para concienciarnos sobra a importancia de comer de xeito saudable. Estarán expostos durante a 2ª avaliación no corredor da cafetería.

DÍA DAS MULLERES TRABALLADORAS

Co gallo da clebración do Día das Mulleres Traballadoras, a biblioteca do noso instituto acolleu dúas actividades destinadas a derrubar os estereotipos de xénero, contribuíndo a crear unha sociedade máis xusta e solidaria:

  • Representación teatral na biblioteca a cargo das seguintes actrices do grupo de teatro do noso centro: Elisabeth Lajos Seaje, Maite Sobradelo Sánchez, Alejandra Picón Romero, Yaiza Otero Figueira, Ángela Hermida Figueira, Laura Losada Miguéns. Imaxes.
  • Concurso entre o alumnado: escolle á túa muller. Bases.

CHARLA A CARGO DO CLUBE DE PIRAUÍSMO DE RIANXO

 

Os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO recibiron no polideportivo do noso instituto a membros do Clube de Piragüísmo de Rianxo, que os animaron a participar nas actividades deportivas que organizan. Esta actividade tivo lugar durante a mañá do día 6 de marzo, e foi coordinada polo departamento de E. Física.

REPRESENTACIÓN TEATRAL: "CACHAI"

O día 2 de marzo puidemos desfrutar da representación da obra de teatro "Cachai", un espectáculo que xa se escenificou en diversos centros de ensino de España e Chile. Coordinada polo filósofo Manuel Cruz e Pepé de Jiménez, Cachai chama á reflexión sobre os valores cívicos e a responsabilidade social a partir dun relato contextualizado na ditadura chilena. Os alumnos de 4º da ESO, 1º de Bacharelato e PCPI participaron como espectadores pero tamén de forma activa no coloquio posterior co director do espectáculo.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

E MOIRO-ME D'AMOR...

Durante os meses de marzo e abril, puxemos uns poemas a secar ou a que lles dé a chuvia ou o vento, segundo o parte metereolóxico. Buscamos celebrar o amor e a paixón tal e como foron expresados por diferentes autores en linguas diversas. Non sería estrano que algún decidise servirse desta material para agasallar á persoa amada...

Fotos: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

DÍA DA PAZ

Con motivo do Día da paz, tiveron lugar toda unha serie de actividades no noso centro:

- O alumnado do Ciclo de ATSO realizou un mural que colgaron no corredor de entrada do instituto e asistiu a unha proxección de materiais audiovisuais sobre a non violencia.

- O alumnado de Ética de 4º da ESO decorou o corredor de entrada do centro cos murais que fixeron sobre os premios Nóbel da Paz.

- O alumnado de Matemáticas do 1º Ciclo da ESO traballou o tema da paz e expuxo os seus traballos no corredor da planta baixa do edificio anexo.

VIDEOCONFERENCIA CO COLEXIO CAÑADA BLANCH DE LONDRES

O alumnado pertencente ao EDLG conversou a través dunha videoconferencia cos rapaces do centro educativo Cañada Blanch en Londres, comprobando que o galego tamén serve para comunicarse nas illas Británicas. Esta actividade foi froito da colaboración entre o noso equipo de EDLG e Xaime Varela, profesor de galego no centro londinense e autor do blogue Fala Londres, onde poderedes atopar moitas das actividades que realiza cos seus alumnos.

Distribuir contido

DOCUMENTOS DO CENTRO

TIL

Plurilingüismo

  •  CADERNO DE COMUNICACIÓN

Violencias de Xénero (25N)

Eventos

« Novembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Erasmus+

felixmuriel.erasmusplus@gmail.com

ERASMUS+FELIXMURIEL(TWITTER)

erasmusplusfelixmuriel (INSTAGRAM)

CONVOCATORIA FCT 2019-2020 ...

BASES MOVILIDADE (consulta)

CONVOCATORIA 19-2(consulta)

SOLICITUDE  (consulta)

CONVOCATORIA ENTREVISTA PERSOAL (consulta)

 

 

SCRIPTA MANENT

ENDL (Norm. lingüística)

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 16 invitados conectados.

TITORÍA ENTRE IGUAIS

RIANXO RADIO

REMEMBERING CANADA