Skip to Content

Avisos e noticias

CHARLA CON QUICO, GUERRILLEIRO ANTIFRANQUISTA

OBRADOIRO DE XOGOS TRADICIONAIS

Durante as sesións de tarde dos días 14 e 21 de maio os membros da Asociación de Xogos Tradicionais de Santiago de Compostela organizaron no patio do noso instituto un obradoiro de xogos tradicionais no que os rapaces de 3º da ESO e de PCPI puideron aprender e practicar a billarda, os bolos celtas, a comba, a petanca ou a chave.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

O EDLG en colaboración co Dpto. de Música organizou para o día 11 de maio un obradoiro de instrumentos tradicionais galegos no que participaron os rapaces de Música de 4º ESO B e C e o alumnado de PDC.

CHARLA DE BEGOÑA VILLAVERDE (USC): "FRAUDES FISCAIS FAMOSOS"

O día 26 de abril Begoña Villaverde, investigadora de Dereito da USC faloulles aos rapaces de 4º ESO e 2º Bacharelato sobre un fenómeno de grande interés: a fraude fiscal. Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto do EDLG "En galego en tódolos ámbitos".

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

Artigo no blog Bico da Ría: http://www.bicodaria.com/spip.php?article970

PROXECTO "LA IDA"

O proxecto la Ida está coordinado pola Fundación Paideia e o instituto alemán IBI, xunto coa Consellería de Cultura y Educación, co obxectivo de promover experiencias formativas de carácter práctico e innovador entre mozos con dificultades para acceder ao mundo laboral en Alemaña e Galicia. En colaboración co Concello de Rianxo e os Concellos e instituto de Padrón, os rapaces de PCPI do noso centro participaron nesta iniciativa, compartindo experiencias cos mozos alemáns de visita en Rianxo en prácticas laborais e, logo, tras un proceso de selección, desprazándose a Alemaña para a realización de prácticas en empresas e aprendizaxe do idioma.

Os nosos alumnos coñeceron a natureza do proxecto e aos seus compañeiros alemáns nunha actividade de intercambio de experiencias celebrada o día 5 de marzo na biblioteca do noso centro. Con posterioridade, entre os días un grupo de PCPI realizou unha estadía en Alemaña.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

ESTADÍA EN POLONIA

Os rapaces de 3º da ESO tiveron a oportunidade de aprender máis sobre Polonia grazas á súa compañeira Sarela Betanzos Freire, de 3º D. O día 26 de xaneiro na Biblioteca explicoulles aos seus compañeiros de 3º A e B como foi a súa estadía en Polonia coa axuda dun powerpoint e respondeu ás súas preguntas e curiosidades. O día 2 de febreiro foron os alumnos de 3º da ESO C e E os que asistiron a esta actividade. Gracias Sarela!

MAXIA DE FIN DE TRIMESTRE

Como parte das actividades de fin de trimestre, o 21 de decembro actuou no noso centro o famosísimo mago rianxeiro Alán Golías e deixounos a todos abraiados cos seus trucos e xogos de mans.

MAGOSTO

Coa chegada do outono e as castañas, organizamos un magosto no patio do centro, coa colaboración da ANPA ao que asistiron os alumnos de 1º Ciclo da ESO.

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O día 4 de novembro, na Aula de informática número 2, os alumnos de 1º de Bacharelato A e 2º de Bacharelato A participaron nunha videoconferencia con científicos da USC co gallo do día da Ciencia en Galego.

FIN DE CURSO

31 MAIO: Remata o prazo de préstamo e devolución de libros da biblioteca.

20-22 XUÑO: Préstamo de libros para as vacacións (sempre que non se teñan libros sen devolver)

Distribuir contido


by Dr. Radut