Skip to Content

Bolsa para participar no Instituto de Verán Benjamin Franklin

Período de inscrición Do 18/12/2019 ao 02/02/2020
 
Información
 
A Embaixada dos Estados Unidos en España selecciona un estudante español, andorrano ou residente en España ou Andorra para participar no Instituto de Verán Benjamin Franklin, un programa financiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos para promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos e crear conciencia dos valores que comparten.
 
O estudante seleccionado participará nun programa intensivo de catro semanas enfocado nos asuntos globais aos que se enfrontan os mozos a ambos os dous lados do Atlántico e abordará prioridades de política exterior dos Estados Unidos tales como a participación dos mozos, o desenvolvemento dos valores democráticos e a sociedade civil e a prosperidade económica.
 
O Instituto terá lugar na Universidade de Purdue en West Lafayette, Indiana, en data exacta aínda por determinar entre os meses de xuño e xullo de 2019 e reunirá a 45 estudantes de distintos países de Europa e Asia Central con 10 estudantes estadounidenses.
 
O programa consistirá nunha serie de conferencias, debates e seminarios, e unha ampla variedade de talleres prácticos dirixidos por profesores e mentores. Os cursos e as actividades na aula complementaranse con actividades de servizo á comunidade, visitas a lugares de interese, actividades sociais e culturais, e estancias en familias estadounidenses para profundar na experiencia e coñecemento dos participantes da sociedade norteamericana.
 
Data límite de recepción de solicitudes:domingo, 2 de febreiro de 2020 ás 24:00 h.
 
Convoca
 
Embaixada dos Estados Unidos en España
 
Requisitos
 
Idade: o estudante seleccionado deberá ter entre 16 e 18 anos no momento de inicio do programa nos Estados Unidos. É dicir, nacer entre o 22 de xuño de 2002 e o 22 de xuño de 2004.
 
Excelencia académica: Os candidatos deberán achegar un certificado de estudos do seu centro de ensino que reflicta unha nota media mínima de Notable (7,5) no seu expediente académico do curso 2017/18.
 
Excelente coñecemento do inglés: Nota mínima de Sobresaliente (9 ó 10) no seu certificado de estudos.
 
Participación en actividades de voluntariado e/ou proxectos de servizo comunitario: Non se aceptarán candidaturas que non acheguen certificados de colaboración das entidades nas que realizasen ditas actividades. Demostrar un forte potencial de liderado, interese nas relacións transatlánticas e a diplomacia, así como en aprender sobre os Estados Unidos. Non se considerarán solicitudes de candidatos que participasen previamente en viaxes de estudo aos Estados Unidos.
 
Dotación Todos os gastos (viaxe, aloxamento, manutención, seguro médico e de accidentes e visado) correrán a cargo do Departamento de Estado dos Estados Unidos de América.
 
Ligazóns externas: Bases da convocatoria

 

 

 

 

 

 



book | by Dr. Radut