Skip to Content

PROCESO DE RECLAMACIÓNS ESO BACHARELATO

Do 24 ao 26 de xuño

Segundo recollen as NOF:

O proceso de reclamación que seguirá o alumnado respecto ás cualificacións da convocatoria ordinaria ou extraordinaria dependerá do tipo de ensinanza cursada: Na ESO e 1º de Bacharelato:

O alumnado e as familias poderán solicitar as aclaracións ao profesorado da materia (proceso de avaliación, revisión de exames,...).

Se continúa o desacordo poderán solicitar á Xefatura de Estudos, mediante escrito razoado,(Modelo de solicitude) a revisión da cualificación no prazo de 2 días lectivos a partir do que se recibiu a comunicación. A Xefatura de Estudos comunicará esta solicitude ao Departamento e os/as membros do Departamento analizarán o proceso de avaliación e realizarán un informe onde se recollerá a decisión adoptada de modificación ou ratificación da cualificación. O devandito informe será entregado á Xefatura de Estudos, que o comunicará ao/á alumno/a e a súa familia. No caso de modificación da cualificación comunicarase tamén á Xunta de Avaliación.

Se continúa o desacordo poderase solicitar por escrito á Dirección que se eleve a reclamación á Inspección Educativa.

No 2º de Bacharelato:

O alumnado e as familias poderán solicitar as aclaracións ao profesorado da materia (proceso de avaliación, revisión de exames,...).

Se continúa o desacordo poderá solicitar por escrito ante á Dirección a revisión da cualificación no prazo 2 dous días lectivos, argumentando as razóns pola que se fai a reclamación. O Director someterá as reclamacións á consideración do Departamento que analizará o proceso de avaliación e realizará o informe correspondente, onde se recollerá a decisión adoptada de modificación ou ratificación da cualificación. O devandito informe será entregado á Dirección que o comunicará ao/á alumno/a ou aos/as seus/súas pais/nais, titores/as ou representantes legais.

 



book | by Dr. Radut