Skip to Content

RELATO DUNHA FIESTRA

 

Bolboretas pretas, vóltanse en escuras rosas.

Rosas lonxanas do sol, mais non da lua.

Bolboretas de alma notámbulesca que pouco a pouco se van escurecendo, ata illarse soas, ficando perceptiblemente pós que só ollan aquilo que queren ollar.

Só que de unha rosa preta non teño nada, sí das miñas cousas por superar.

Esas cousas que de rapariga me magoaron onde as cicatrices non se ven, pero queda pra toda a vida.

Un día espertaste, e non sabes para donde camiñar, nin te das conta de todas as pedras que apartaches no camiño percorrido.

Nese intre, algo escacha dentro de tí.

Faste mais forte?

Faste mais fraxil?

Non o sei.

Pero crabas os pes na terra, miras de frente a vida e aloitas.

Cada quen, cos seos propios fantasmas.

Non hay reglas escritas.

Só a coraxe que che dan os anos, todas esas cousas que te magoaron, fan de ti o que hoxe es. Sen mentiras na alma.

Sen rencores no corazón.

Só ca inquedanza de seres cada día un pouquiño mellor persoa.

Paki Espiño, 2019



story | by Dr. Radut