Becas Bacharelato en Canadá e EEUU, Fundación Amancio Ortega

Becas Bacharelato en Canadá e EEUU, Fundación Amancio Ortega

Periodo de inscrición

Do 5/10/2015 ao 12/11/2015

O programa de Becas da Fundación Amancio Ortega ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira a rapaces de institutos e colexios españois durante un ano académico. Os alumnos seleccionados convivirán con unha familia de acollida e cursarán Grado 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato).A beca cobre o 100% do custo do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos: viaxe, tasa de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes e o apoio continuado durante os dez meses de estancia.

O Programa convoca 500 becas dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros españois, para estudar Primeiro de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos o próximo curso escolar 2016-2017.

80 becas dirixidas a estudantes de centros de Galicia para estudar Primeiro de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos.

420 becas dirixidas a estudantes de centros do resto das Comunidades Autónomas para estudar Primeiro de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos.

A Fundación Amancio Ortega intenta promover con esta iniciativa a aprendizaxe da lingua inglesa e o desenvolvemento persoal dos rapaces, a partir dunha inmersión total nun novo entorno, convivindo cunha familia de acollida, durante o año escolar no país de destino.

Convoca: Fundación Amancio Ortega

Requisitos: Estudar actualmente 4º de ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español. Ter unha nota media igual ou superior a 7 puntos, e unha nota de inglés igual ou superior a 8 en 3º de ESO. Non ter estudado un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º de ESO). Ampliar información en convocatoria.

Dotación:A beca cobre o 100% do custo do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos: viaxe, taxa de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes e o apoio continuado durante os dez meses de estancia.

Máis información:Convocatoria aberta do 5 de outubro ao 12 de noviembro de 2015 (apertura e peche ás 13:00 horas, horario peninsular).

 

Dirección  Fundación Amancio Ortega   https://becas.faortega.org

DOCUMENTOS DO CENTRO

TIL

Plurilingüismo

  •  CADERNO DE COMUNICACIÓN

Violencias de Xénero (25N)

Eventos

« Outubro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Erasmus+

felixmuriel.erasmusplus@gmail.com

ERASMUS+FELIXMURIEL(TWITTER)

erasmusplusfelixmuriel (INSTAGRAM)

CONVOCATORIA FCT 2019-2020 ...

BASES MOVILIDADE (consulta)

CONVOCATORIA 19-2(consulta)

SOLICITUDE  (consulta)

CONVOCATORIA ENTREVISTA PERSOAL (consulta)

 

 

SCRIPTA MANENT

ENDL (Norm. lingüística)

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 20 invitados conectados.

TITORÍA ENTRE IGUAIS

RIANXO RADIO

REMEMBERING CANADA