Segundo trimestre

VISITA A PADRÓN E A BASTAVALES E ENCONTRO CO IES LÓPEZ RODRÍGUEZ

O alumnado de 3º  ESO realizou unha saída a Bastavales e Padrón o día 25 de abril para facer parte da ruta rosaliana e para encontrarse co alumnado do IES Cosme López Rodríguez co que mantivo unha relación por correspondencia durante todo o curso.

Chegaron a Bastavales xusto ás dez, cando comezaban a tocar as campás e, aínda que xa non son as mesmas que escoitara  Rosalía, o grupo recitou alí, no balcón da Mahía, o célebre poema da autora "Campanas de Bastavales". Logo de que Lara recordara ós seus compañeiros algunhas particularidades da igrexa e do conxunto arquitectónico que a rodea, o grupo dirixiuse á Casa Museo de Rosalía onde, por fin, se atopou co alumnado da Rúa de Valdeorras. Con el compartiu  unha visita guiada pola casa na que a poetisa pasou os seus últimos anos e tamén compartiu algúns momentos de conversa mentres se resgardaba da chuvia baixo o balcón. Cando escampou, os dous grupos dirixíronse ó Parque Botánico para participar noutra visita guiada que sería máis longa de non ser pola chuvia. 

Xa no centro monumental, na praza na que se atopaba antigamente o Alfolí do Sal, o alumnado dos dous centros recitou poemas de Rosalía. A continuación dirixiuse pola rúa de Juan Rodríguez del Padrón á Igrexa de Santiago para ver o "Pedrón", o Sar e as estatuas de Rosalía e Cela no Espolón. E alí, ó final do Espolón, chegou o momento da despedida, do intercambio de números de teléfono, de contas de Instagram e das propostas de continuar co intercambio o próximo curso.

Ver álbum de fotos.

 

LANGUAGE PLANNING

 

O xoves 4 de abril o alumnado de 4º da ESO desprazouse a Vilagarcía para ver unha representación teatral do grupo Quinquilláns. A peza, titulada Language planning, é unha adaptación da obra Made in Galiza de Sechu Sende. Foron cincuenta minutos moi entretidos e á saída aproveitaron para fotografarse cos xigantes vilagarciáns no Auditorio.

 

NOITE DE TEMPORAL de M. NUÑEZ SINGALA

 

 

Antes de poñernos coa lectura de Noite de temporal escoitamos dúas noticias que nos sorprenderon e que espertaron a nosa curiosidade. A primeira era que Josefa Parada, unha das heroínas de Sálvora, era bisavoa de Laura de 2º A; a segunda era que Paula Cons ía rodar unha película sobre o naufraxio do Santa Isabel. Moitos nunca oiramos falar deste suceso que na época foi coñecido como "o naufraxio do Titánic galego". O libro enganchounos pero aínda nos enganchou moito máis a exposición que Núñez Singala preparou para explicarnos os detalles técnicos de como se producira o accidente. A charla foi moi emotiva, especialmente cando nos contou algúns detalles biográficos sobre os superviventes, as vítimas, as heroínas e os heroes.

Ver álbum de fotos.

 

 

 

 

REGUEIFANDO NO FARO DAS LÚAS

 

O martes 19 de febreiro na Biblioteca do noso Centro, o alumnado de 2º ESO asistimos á primeira sesión dos obradoiros didácticos ofrecidos pola Asociación Oral de Galiza. Canto rimos con Pinto de Herbón! Foi unha hora e media intensa pero moi produtiva. Despois dun divertido achegamento teórico-práctico ó que son as regueifas puxémonos mans á obra e compuxemos as nosas propias creacións con axilidade e moita habilidade. Desta sesión saíu unha selección de dezaseis rapaces e rapazas que participaron o 28 de febreiro na segunda quenda. Xa non se trataba só de escribilas, tamén había que cantalas. Ó principio custou un pouquiño pero unha vez vencida a timidez inicial todo foi sobre rodas.

 Podedes ver as imaxes nesta ligazón e no blog da biblioteca.

Semana da prensa

Para celebrar a semana da prensa o departamento de matemáticas decidiu realizar dúas presentacións colaborativas entre o alumnado de 1º, 2º e 3º con dúas temáticas

  • Necesitamos unha día da muller xa que...
  • As matemáticas na prensa.

O alumnado tiña que buscar na prensa novas que tiveran que ver con esta temáticas, facer unha diapositiva na que se mostrase a nova, a ligazón á mesma e unha pequena reflexión que xustificase a escolla.

As presentacións proxectáronse posteriormente nas aulas reflexionando sobre o seu contido.

Deixámosvos aquí as presentacións:

 

 

Día da poesía

O Departamento de Lingua Castelé e o de Música organizaron unha actividade no polo día da poesía. Ao longo da mañá fixeron varios pases de recitado de poesía acompañdos de interpretacións musicais. Aquí tendes uns vídeos das actuacións. Toda a información da actividade no blog da biblioteca.

 

 

Actividades organizadas polo departamento de tecnoloxía para o Día da muller


Para o Día da Muller o Departamento de Tecnoloxía xunto co Equipo da Biblioteca decidiu dedicalo a discriminación da muller no mundo deportivo. 

En primeiro lugar varios alumnos/as de 2º ESO B fixeron un cartel conmemorativo deste día que colocaron no corredor (subindo as escaleiras). Mónica Souto fixo fotos e grabou pequenos vídeos que logo Lara Vidal montou.
Despois tanto 2º ESO A como 2º ESO B prepararon algúns carteis e outros presentacións de diapositivas, relacionadas coa discriminación da muller en diversas modalidades deportivas: os xogos olímpicos de Río, a imposibilidade dunha piraguista para participar na categoría absoluta do descenso do Sella, a diferencia na cuantía de premios en certos campionatos (en concreto un de surf que se fixo en Cantabria hai uns meses), a discriminación da muller no fúltbol, no arbitraxe ou na posibilidade de facer equipos mixtos en certos categorías infantis ou xuvenis de fútbol....etc.....
Para o día 8 de marzo diversas noticias sacadas para facer estos carteis e presentacións foron lidas en clase para que os/as alumnos/as as leran en clase e debatiran sobre elas
Por outra banda, nas aulas de  Mónica Souto os/as alumnos/as  tamén prepararon presentacións de deportistas que destacaron en algunhas modalidades deportivas.

O día 13 de marzo veu ao instituto unha campiona autonómica, nacional e internacional de esgrima a darnos unha charla pola tarde. Esta charla foi preparada con moito interés por varios alumnos de 2º ESO B: Noemi, Noa, Roberto Lago, Matías e Ainhoa. Araceli Bugallo ademáis de ser unha excelente persoa e unha gran deportista que segue triunfando na categoría de veterans de esgrima é da aulas nun colexio da zoa de Vilanova e os alumnos que antes nombrei querían prepararlles os seus comapeñeiros unha sorpresa (doulles clase a maioría dos/as alumnos/as cando estaban en primeria). Estes alumnos/as prepararon unha presentación de diapositivas e un cartel para recibila. Os rapaces e rapazas emocionaronse moito ao vela. Alen diso dounos unha charla moi amena onde nos explicou como empezou na esgrima, en que consiste a esgrima, o que fai na actualidade (combina as clases no colexio,con clase de esgrima nun club de Vilagarcía e vai a entrenar a Santiago) e como se sinte com o muller. Afortunadamente na esgrima o reglamento está tan marcado e estricto  que ela non se sintiu nunca discrminada. Ademáis agora mesmo tamén existen competicións mixtas. 
Por último, recordar que os rapaces e rapazas encargados de organizar a actividade tamén prepararon preguntas para que os seus compañeiros lles fixeran a Araceli e facer así a todos partícipes desta actividade

X Concurso Coca-Cola novos talentos de relato curto

 

O día 9 de marzo Zaida, Jorge, Rubén, Manuel e Laura de 2º da ESO viaxaron ata Vigo para participar na fase provincial da décima edición do Concurso de novos talentos de relato curto de Coca-Cola. Os participantes recibiron un pequeno encerado coa seguinte frase como estímulo: “Profes: un pasaporte ao futuro”. A partir dela tiñan que elaborar en dúas horas o seu relato breve que non podía exceder das catro páxinas. A pesar de ser venres pola tarde e do tempo tan desapracible que ía fóra todos eles fixeron gala da súa creatividade e inspiración. Parabéns rapaces e moita sorte!

 

 

 

 

 

Distribuir contido