Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Alumnos con mención especial polos seus resultados no Canguro Matemático

 

 

Recollemos aquí o momento da entrega dos premios polos resultados acadados. As alumnas aparecen coa súa profesora Gloria Lamas.

 

Excursión de fin de curso de 4º ESO: aventura en Asturias

Unha aventura emocionante e moi especial, para queimar toda a tensión acumulada ao longo do curso e gardar no recordo como final dunha etapa. Preparándose para iniciar outra nova.

Actividades realizadas: Espeleoloxía, carreiras de sacos, esquí de grupo, xogos de bolos, caída á piscina, barranquismo, paintball, descenso do Sella, xincana de actividades diversas, etc.

Gran éxito dos nosos alumnos no DELF SCOLAIRE 2017 !!!

Por segundo ano consecutivo, os nosos alumnos de Francés que se presentaron para a obtención do título do DELF Scolaire, obtiveron todos a calificación de admis (apto). Este ano as datas dos exames coincidiron coa viaxe de intercambio con Fontenilles, o que fixo que varios alumnos que facían o intercambio non puideran presentarse. Finalmente presentáronse 11 para o DELF A2, 7 para o DELF B1, e 1 para o DELF B2 (que é o nivel esixido para matricularse nunha universidade francesa). Estamos seguros de que outros 2 alumnos que se presentaron á proba xeral tamén obterán o seu título.

 

Parabéns a todos.

Despedida Ciclos de Grao Superior de Turismo: Axencias de Viaxes e Guías

O pasado xoves 15 de xuño celebrouse, no magnífico Salón de Actos do Instituto, o acto de graduación dos nosos alumnos dos Ciclos de Grao Superior de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos e de Guía, Información e Asistencia Turísticas. Parabéns a profesores, alumnos e familiares!

Fotos:

Vídeo en Youtube:

Foto e noticia en La Voz de Galicia

 

Rodaxe sobre a vida de Rosalía de Castro na sala de profesores do instituto

A pasada semana a sala de profesores do noso instituto transformouse nun escenario cinematográfico para a rodaxe dunha miniserie entorno á vida de Rosalía de Castro. Durante varios días foi sufrindo unha transformación, chegando a despacho do director dun periódico. A serie emitirase na TVG nos vindeiros meses. Velaiquí as fotos que tomamos no proceso.

 

Alumnos do instituto chaman a atención sobre o impacto do plástico no mar

O pasado mércores 7 de Xuño un grupo de alumnos de 3º da ESO participaron xunto coa súa profesora, Aroa Luengo, e membros do colectivo Móllate! nunha acción destinada a dar visibilidade ao problema dos residuos plásticos no noso entorno e, especialmente, no mar. A iniciativa, ideada polos mesmos rapaces, lévouse a cabo co galo do día mundial dos océanos e consistiu en cubrir con bolsas de plástico elementos emblemáticos da nosa cidade coma a pomba de Picasso ou a fonte dos surfistas.

En La Opinión de A Coruña:

 

Fotos

Máis fotos

Noticia e entrevista na TVG:

Entrega dos premios Muralla de Lugo

A alumna Laura Villa Latas de 1º de ESO deste Instituto conseguiu o primeiro premio de Debuxo dos XVII Premios Muralla de Lugo de Debuxo e Redacción Infantís, convocados por El Progreso e Telelugo, en colaboración coa Xunta, o Concello, a Deputación e a USC.

 

 

Vídeo de Tele Lugo

 

Información previa destos Premios

 

Os alumnos de 1º Bacharelato fan un herbario como proxecto

Coa finalidade de coñecer e seren capaces de identificar as especies de plantas, tanto autóctonas como alóctonas, máis características que se poden atopar en Galicia, os alumnos e alumnas de 1ºC e 1º D de Bacharelato fixeron, como proxecto fin de curso na materia Bioloxía e Xeoloxía impartida pola profesora Alba Monteagudo, os seguintes herbarios.

 

Noraboa pola calidade dos vosos traballos!

(Texto e fotos: Alba Monteagudo)

Os alumnos de cuarto da ESO fan maquetas para Bioloxía

Co obxectivo de afondar no coñecemento da célula e os seus compoñentes, os alumnos e alumnas de 4º A e 4º B da ESO fixeron como proxecto da materia Bioloxía e Xeoloxía, que imparte a profesora Alba Monteagudo, as seguintes maquetas, con materiais elixidos por eles mesmos.

 

Parabéns polos resultados!

 


(Texto e fotos: Alba Monteagudo)

Proxecto "Aliméntate ben". Obradoiro "O sabor da aventura está no mar"

Participaron alumnos de Valores éticos de 1º de ESO. Tivo lugar na lonxa de Sada, en Veigue, Mera, Lorbé, etc.

 

Recoñecemento ao traballo dos alumnos

Na TVG:

 

O diario La Voz de Galicia ven de recoñecer o extraordinario rendemento de cinco alumnos de segundo de bacharelato, cunha media de dez puntos. Asimesmo, outros oito máis acadaron unha media superior ao nove (13 matrículas de honra!!). Unha vez máis, parabéns!


 

Marina Lage en La Voz de Galicia:

Excursión de alumnos de 4º de ESO de Relixión

A translatio nos ríos Ulla e Sar. "Os ríos". Coñecemos na beira dos ríos os vestixios e tradicións xacobeas. Adentrámonos no Pazo do Faramello, prototipo da Protoindustrialización. O papel da muller na industria do s.XVIII. Participamos na construcción dun espazo aberto e solidario, plantando árbores no Memorial da víctimas do Alvia en Angrois.

Educación Vial

Unha actividade do Concello de A Coruña, a través da súa Policía Local, para promover o uso da bicicleta na que participaron máis dun centenar de alumnos de 2º de ESO e 6 profesores.

Vídeo Telexornal Galicia TVE (a partir do minuto 4:23)

Noticia na TVG (a partir do minuto 44)

Vídeo da TVG

Enlace a fotos na conta "Concello da Coruña" de Facebook

(Fotos: Pedro R. Porca e Mario S. García)

Gran éxito deportivo dos nosos alumnos

O equipo feminino de fútbol 7 do IES Eusebio da Guarda, subcampión dos IV xogos escolares na categoría de ESO e Bacharelato. O equipo masculino de fútbol 8 quedou CAMPIÓN!. A coordinación correu a cargo do profesor de Educación Física Baldomero Carballada.

 

Excursión de alumnos de 1º e 2º de ESO de Relixión

Proxecto "Os Ríos". Vestixios relixiosos e culturais no curso dos ríos Castro e Grande. Batáns de Mosquetín no Grande. Caldeiras do Castro. Punta da Barca.Traba de Laxe. Igrexa románica de Cereixo. Santuario da Barca... Destacamos o espírito de convivencia fora das aulas e en contacto coa natureza.

Distribuir contido


by Dr. Radut